Petilla de Aragón

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 42°27′41″N 01°05′34″O / 42.46139, -1.09278

Situación de Petilla de Aragón respecto de Navarra.

Petilla de Aragón é un concello español da Comunidade Foral de Navarra, situado no meiriñado de Sangüesa, na Comarca de Sangüesa e a 71 km da capital da comunidade, Pamplona. A súa poboación en 2014 era de 35 habitantes (INE).

O municipio está formado por dous enclaves en Aragón, dentro da comarca de Cinco Villas, na provincia de Zaragoza, o enclave principal e o separado de Los Bastanes.

O enclave principal de Petilla linda polo norte con Gordún e con Isuerre, polo leste e polo sur con Uncastillo, e polo oeste con Sos del Rey Católico. O enclave de Los Bastanes linda polo norte e o oeste con Sos, e con Uncastillo polo leste e polo sur.

Ademais de pola súa peculiar situación xeográfica como enclave navarro en terras aragonesas, é tamén coñecido por ser a localidade natal de Santiago Ramón y Cajal.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Petilla_de_Aragón&oldid=4480265"