Piñeiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Piñeiro (xénero Pinus)
Piñeiro manso
Piñeiro manso
Clasificación científica
Reino: Plantae
División: Spermatophyta
Clase: Coniferae
Orde: Pinales
Familia: Pinaceae
Xénero: Pinus
L.
Especies

Véxase no texto

Os piñeiros son árbores coníferas (raramente arbustos) perennes pertencentes ao xénero Pinus, da familia Pinaceae e da subfamilia Pinoideae, e xa que logo abrangue diversas especies, a maior parte delas nativas do hemisferio Norte. O piñeiro presenta unha ramificación frecuentemente verticilada e máis ou menos regular.

Son hoxe en día comúns na paisaxe galega, maiormente por mor das reforestacións efectuadas nos séculos XIX e XX sobre uceiras, fragas e carballeiras para o aproveitamento principalmente madeireiro. Con todo o piñeiro bravo (Pinus pinaster) pódese considerar unha especie autóctona, sendo ademais xunto co carballo e o toxo un dos símbolos botánicos do país, que incluso aparece referenciado no himno.

Descrición[editar | editar a fonte]

A copa pode ser piramidal ou redondeada e, nas árbores adultas, ancha e deprimida. Os macroblastos presentan follas escuamiformes sen clorofila, mentres que os braquiblastos son moi curtos, cunha vaíña membranosa de escamas e están rematados por entre dúas e cinco follas lineares ou aciculares, con dúas ou máis canles resiníferas cada unha. Os conos masculinos desenvólvense na base dos gromos anuais. Os estróbilos ou 'piñas' presentan escamas persistentes: as tectrices son rudimentarias e inclusas, e as seminíferas acostuman presentar unha protuberancia ou embigo na súa parte externa (apófose). Maduran bianual o trienalmente. As sementes son aladas coa testa máis ou menos lignificada. Ás veces son comestíbeis (piñóns).

Os piñeiros producen resina. A casca da maioría dos piñeiros é grosa e nalgunhas especies é escamosa. Os rebentos prodúcense en inflorescencias regulares, que de feito son unha espiral moi apertada como se fose un anel de rebentos que xurdisen do mesmo punto. Moitas especies de piñeiros son uninodais, é dicir, producen só un verticilo de rebentos por ano, no inicio da época de floración, mais outras son multinodais, e producen dous ou máis verticilos por ano. Na primavera os rebentos son de cor máis clara, apuntan cara arriba e despois van escurecendo. Estes rebentos primaverais serven para avaliar o estado nutricional das plantas.

Os piñeiros teñen catro tipos de follas que van aparecendo progresivamente na planta.

  1. un verticilo de 4-20 follas de sementes (cotiledóns)
  2. follas xuvenís nas plantas novas, de 2 a 6 cm de ancho, simples, verdes ou verde-azuladas, dispostas en espiral no rebento. Estas follas permanecen na planta unicamente durante a primeira fase, que pode estenderse de seis meses a cinco anos.
  3. follas protectoras, que substitúen as anteriores, similares a balanzas, pequenas, pardas e non-fotosintéticas, que se dispoñen coa mesma distribución cás follas xuvenís;
  4. as follas adultas ou agullas, de cor verde, (fotosintéticas), agrupadas en grupos (fascículos) de entre 2 e 5 agullas (ocasionalmente 1 ou 6). Cada fascículo prodúcese a partir dun pequeno rebento no eixo dunha folla protectora. As agullas permanecen na planta por espazos que poden ir dende o ano e medio ata os 40 anos, dependendo das especies. Se un rebento fose danado (se o comese un animal, p.ex.), os fascículos de agullas immediatamente inferiores producirán un novo rebento que substitúa o anterior.
Piñeiro manso (Pinus pinea)

Os piñeiros son monoicos, é dicir, conteñen órganos masculinos e femininos (conos) na mesma árbore. Os conos machos son pequenos, de 1 a 5 cm de ancho, e só aparecen durante un curto período (normalmente na primavera; nun número reducido de especies, no outono), ata que caen cando o seu pole se dispersa. Os conos femininos botan de 1,5 a 3 anos (dependendo da especie) madurecendo e, logo da polinización, a fertilización aínda pode durar un ano máis. Na súa madurez, os conos femininos teñen de 3 a 60 cm de ancho. Cada cono ten numerosas follas protectoras dispostas en espiral, e cada unha delas contén dúas sementes fértiles. As follas protectoras mais próximas á base do cono son pequenas e estériles, sen sementes.

O ritmo de crecemento en espiral das pólas e das agullas e as proporcións das piñas seguen a ratio do número de Fibonacci.

A maioría das sementes son pequenas e teñen ás para que as disperse o vento (anemofilia), pero algunhas son maiores e posúen unicamente unha á vestixial co que teñen que ser dispersadas polas aves (Nucifraga caryocatactes, Nucifraga columbiana, Gymnorhinus cyanocephalus...) ou por esquíos. A madurez do cono chega, por regra xeral, cando se abre e libera as sementes, pero nas especies onde as aves son os vehículos de propagación (p.ex. Pinus albicaulis), é o animal quen debe fender o receptáculo do cono para abrilo. Noutras especies, que dependen de incendios forestais para a súa reprodución, o lume abre unha gran cantidade de conos depositada ao longo dos anos asemade que destrúe a árbore-nai, co que se repoboa o bosque.

Clasificación[editar | editar a fonte]

Plantación comercial de Pinus palustris

Subxénero Cembra o Haploxylon[editar | editar a fonte]

Sección Cembra[editar | editar a fonte]

Subsección Cembra

  • Pinus cembra L.
  • Pinus koraiensis Siebold & Zucc.
  • Pinus albicaulis Engelm.

Subsección Flexilis

  • Pinus flexilis James
  • Pinus armandii Franch.

Sección Strobus[editar | editar a fonte]

  • Pinus strobus L.
  • Pinus lambertiana Dougl.
  • Pinus ayacahuite Ehrenb.
  • Pinus wallichiana A.B.Jacks.
  • Pinus peuce Griseb.
  • Pinus parviflora Siebold & Zucc.
  • Pinus monticola Dougl. ex D.Don

Sección Cembroides[editar | editar a fonte]

Subsección Cembroides

  • Pinus cembroides Zucc.
  • Pinus pinceana Gord.
  • Pinus nelsonii Shaw.

Subsección Balfouriana

  • Pinus balfouriana Jeffrey ex A.Murray
  • Pinus aristata Engelm.

Subsección Gerardiana

  • Pinus gerardiana Wall.
  • Pinus bungeana Zucc.

Subxénero Diploxylon[editar | editar a fonte]

Sección Sula[editar | editar a fonte]

  • Pinus roxburghii Sarg.

Sección Sylvestris[editar | editar a fonte]

  • Pinus sylvestris L.
  • Pinus mugo Turra
  • Pinus uncinata Ramond ex DC.
  • Pinus pumilio Haenke
  • Pinus nigra Arn. ss. lt.
  • Pinus heldreichii Christ
  • Pinus resinosa Aiton
  • Pinus merkusii Jungh. & De Vries
  • Pinus tabulaeformis Carrière
  • Pinus thumbergii Parl.
  • Pinus densiflora Siebold & Zucc.

Sección Banksiana[editar | editar a fonte]

  • Pinus banksiana Lamb.
  • Pinus contorta Haenke

Sección Halepensis[editar | editar a fonte]

Sección Pinea[editar | editar a fonte]

Sección Australis[editar | editar a fonte]

  • Pinus palustris Mill.
  • Pinus caribaea Morelet
  • Pinus pringlei Shaw
  • Pinus lawsonii Roezl
  • Pinus oocarpa Schiede
  • Pinus tropicalis Morelet
  • Pinus occidentalis Swartz

Sección Kesiya[editar | editar a fonte]

  • Pinus kesiya Royle ex Gord.

Sección Leiphylla[editar | editar a fonte]

  • Pinus leiophylla Schltdl. & Cham.
  • Pinus chihuahuana Engelm.
  • Pinus lumholtzii B.L.Rob. & Fernald

Sección Ponderosa[editar | editar a fonte]

  • Pinus ponderosa Dougl.
  • Pinus arizonica Engelm.
  • Pinus jeffreyi A.Murray
  • Pinus teocote Schltdl. & Cham.
  • Pinus montezumae Lamb.
  • Pinus hartwegii Lindl.
  • Pinus durangensis Martínez
  • Pinus pseudostrobus Lindl.
  • Pinus rudis Endl.
  • Pinus torreyana Parry ex. Carr.
  • Pinus washoensis Mason & Stockw.
  • Pinus engelmannii Carrière

Sección Taeda[editar | editar a fonte]

  • Pinus taeda L.
  • Pinus rígida Mill.
  • Pinus sabiniana Dougl.
  • Pinus coulteri D.Don.
  • Pinus radiata D.Don. Morelet
  • Pinus serotina Michx.
  • Pinus tuberculata Gord.
  • Pinus greggii Engelm.
  • Pinus patula Schltdl. & Cham.

Distribución[editar | editar a fonte]

Os piñeiros desenvólvense ben nos solos acedos e algúns tamén nos solos calcarios; a gran maioría require solos ben drenados, é dicir, máis ben areentos, pero algunhas especies como o Pinus contorta son tolerantes á drenaxe escasa e ao apozamento do solo. Como xa se mencionou, algunhas especies só producen rebentos logo de incendios forestais, como o Pinus canariensis, mentres que o Pinus muricata necesita lume para rexenerar as súas poboacións, que declinan engorde cando non se rexistran incendios. Tamén hai varias especies adaptadas ás condicións climáticas extremas impostas polas elevadas latitudes.

Son, na súa maioría, nativos do Hemisferio norte. En América do Norte, con diversidade máis alta en México e en California. En Eurasia, aparecen dende Portugal e o leste de Escocia ata o extremo oriental de Rusia, Xapón, norte de África, ou O Himalaia. Unha especie forma un bosque de coníferas subtropical, o Pinus merkusii, que xa cruzou o ecuador en Sumatra. Tamén se plantan piñeiros de forma extensiva en moitas áreas do hemisferio sur.

Numerosas especies cultívanse desde moi antigo polos piñóns ou con fins ornamentais ou forestais, o que dificulta o establecemento das súas áreas orixinais. Con todo, estas son as especies máis comúns, distribuídas polos continentes.

Galicia[editar | editar a fonte]

En Galicia atopamos unha especie que se pode considerar propia, o piñeiro bravo (Pinus pinaster), crese que a orixe podería centrarse en Portugal e incluso na beiramar das Rías Baixas. Hoxe atopamos, porén, diferentes especies, as máis das veces froito das reforestacións do século XIX e XX. Entre estas salientan o piñeiro rubio (Pinus sylvestris) e o piñeiro insigne (Pinus radiata). En xardinaxe son comúns diferentes especies. Non é raro atopar dende a antigüidade piñeiros mansos (Pinus pinea) coma ornamentais preto das igrexas, en pazos e casas grandes.

Europa e Asia[editar | editar a fonte]

Asia
  • Pinus amamiana
  • Pinus armandii
  • Pinus bhutanica
  • Pinus bungeana
  • Pinus dalatensis
  • Pinus densata
  • Pinus densiflora
  • Pinus eremitana
  • Pinus fenzeliana
  • Pinus fragilissima
  • Pinus gerardiana
  • Pinus henryi
  • Pinus hwangshanensis
  • Pinus kesiya
  • Pinus koraiensis
  • Pinus krempfii
  • Pinus latteri
  • Pinus luchuensis
  • Pinus massoniana
  • Pinus merkusii
  • Pinus morrisonicola
  • Pinus orthophylla
  • Pinus parviflora
  • Pinus pumila
  • Pinus roxburghii
  • Pinus sibiica
  • Pinus squamata
  • Pinus tabuliformis
  • Pinus taiwanensis
  • Pinus thunbergii
  • Pinus uyematsui
  • Pinus wallichiana
  • Pinus wangii (sin. P. kwangtungensis).
  • Pinus yunnanensis

América do Norte[editar | editar a fonte]

Estados Unidos, Canadá e México
  • Pinus albicaulis
  • Pinus aristata
  • Pinus attenuata
  • Pinus balfouriana
  • Pinus banksiana
  • Pinus clausa
  • Pinus contorta - Piñeiro contorta[3]. Especie forestal. Madeira.
  • Pinus coulteri
  • Pinus echinata
  • Pinus edulis
  • Pinus elliottii
  • Pinus flexilis
  • Pinus glabra
  • Pinus jeffreyi
  • Pinus lambertiana
  • Pinus longaeva
  • Pinus monophylla
  • Pinus monticola
  • Pinus muricata
  • Pinus palustris - Piñeiro de folla longa ou piñeiro melis[5], Especie forestal, madeira.
  • Pinus ponderosa (sin. P. washoensis)
  • Pinus pungens
  • Pinus radiata, piñeiro insigne, piñeiro americano, piñeiro de Monterrey.
  • Pinus reflexa
  • Pinus remota
  • Pinus resinosa
  • Pinus rígida
  • Pinus sabineana
  • Pinus serotina
  • Pinus strobus
  • Pinus taeda - piñeiro americano, piñeiro tea [6] Especie forestal, madeira.
  • Pinus torreyana
  • Pinus virginiana
México, Centroamérica e o Caribe.
  • Pinus apulcensis
  • Pinus arizonica
  • Pinus ayacahuite
  • Pinus caribaea
  • Pinus cembroides
  • Pinus chiapensis
  • Pinus cooperi
  • Pinus cubensis
  • Pinus culminicola
  • Pinus devoniana (syn. P. michoacana)
  • Pinus durangensis
  • Pinus engelmannii
  • Pinus estevezii
  • Pinus fernando
  • Pinus gordoniana (sin. P. douglasiana)
  • Pinus greggii -
  • Pinus hartwegii -
  • Pinus herrerae -
  • Pinus hondurensis (sin. P. caribaea var. hondurensis)
  • Pinus jaliscana
  • Pinus johannis
  • Pinus lawsonii
  • Pinus leiophylla
  • Pinus lumholtzii
  • Pinus maximartinezii
  • Pinus maximinoi (sin. P. tenuifolia)
  • Pinus montezumae
  • Pinus nelsonii
  • Pinus occidentalis
  • Pinus oocarpa
  • Pinus patula
  • Pinus orizabensis
  • Pinus pinceana
  • Pinus praetermissa
  • Pinus pringlei
  • Pinus pseudostrobus
  • Pinus quadrifolia
  • Pinus rzedowskii
  • Pinus strobiformis
  • Pinus tecunumanii
  • Pinus teocote
  • Pinus tropicalis

Uso[editar | editar a fonte]

Piñeiro insigne (Pinus radiata)

O piñeiro é a especie comercialmente máis importante para a produción de madeira nas rexións temperadas e tropicais do planeta. Moitos deles son utilizados como materia prima para a produción da celulosa, que se emprega na fabricación de papel. A razón principal é que o piñeiro é unha madeira de rápido crecemento. Ademais tamén pode plantarse cunha gran densidade poboacional e a caída das súas agullas produce un efecto alelópatico en plantas doutras especies, ou sexa, as follas inhiben o crecemento doutras plantas, o que provoca unha redución na competición por auga, luz e nutrientes nos piñeirais. Un exemplo típico é o do Pinus radiata D. Don.

A resina dalgunhas especies é importante fonte de brea da cal se extrae trementina e outros aceites esenciais. Algunhas especies teñen sementes comestíbeis que se poden cociñar ou asar. Algunhas especies úsanse como árbores do nadal e as súas piñas (conos con piñóns) e ramos empréganse adoito en decoracións. Moitos piñeiros úsanse tamén como plantas ornamentais en parques e xardíns, en especial as especies ananas. Tamén existe unha longa tradición oriental, especialmente na China e no Xapón, e ben difundida entre as culturas occidentais modernas, de cultivar miniaturas artísticas das máis diversas especies de piñeiros, os bonsais, un termo emprestado do xaponés.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Enciclopedia Galega Universal. Vigo, Ir Indo, 2000
  2. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004
  3. 3,03,13,2 VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  4. Termos esenciais de botánica. Santiago de Compostela, Universidade, 2004 e VV. AA. (2012) Vocabulario forestal. Santiago de Compostela, Universidade / Deputación de Lugo
  5. Groba Bouza, F. (2006) Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira. Universidade de Vigo
  6. Groba Bouza, F. (2006) Vocabulario galego-castelán de carpintaría de madeira. Vigo, Universidade

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Piñeiro&oldid=4756267"