Pierre Ianni

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pierre Ianni
Nacemento1952
 Italia
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónempresario
editar datos en Wikidata ]

Pierre Ianni, nado en Italia en 1952, é un enxeñeiro e executivo francés, director da fábrica de automóbiles Citroën en Vigo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Este enxeñeiro, nado en Italia, pero criado e formado en Francia, ingresou na empresa PSA Peugeot Citröen en 1978, e dende entón desempeñou distintos cargos de responsabilidade na firma. Con destreza para os idiomas, en 2003 accedeu á dirección da fábrica que a compañía francesa ten en El Palomar (Arxentina).

En xaneiro de 2007 foi designado pola empresa como director da planta viguesa, cargo que ocupou o 1 de marzo. Substituíu no cargo ao tamén enxeñeiro Javier Riera.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pierre_Ianni&oldid=4876971"