Pilar Primo de Rivera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Pilar Primo de Rivera
Pilar Primo de Rivera.jpg
Nome completo Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia
Nacemento 4 de novembro de 1906
  Madrid
Falecemento 17 de marzo de 1991
  Madrid
Soterrada Cemitério de San Isidro
Nacionalidade España
Relixión catolicismo
Ocupación política
Premios Gran Cruz da Orde de Isabel a Católica, sen etiquetar, Gran Cruz da Orde Civil de Afonso X o Sabio e Grand Cross of the Imperial Order of the Red Arrows
editar datos en Wikidata ]

Pilar Primo de Rivera y Sáenz de Heredia, nada en Madrid o 4 de novembro de 1907 e finada ibídem o 17 de marzo de 1991, foi a fundadora e dirixente da Sección Femenina da Falange.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Filla de Miguel Primo de Rivera e de Casilda Sáenz de Heredia, súa nai morreu en 1909 e Pilar e os sus cinco irmáns, entre eles José Antonio Primo de Rivera futuro fundador da Falange Española, foron criados pola súa avoa e dúas tías. Fortemente ligada ao seu irmán José Antonio ao fundar a Falange, Pilar ingresou na sección estudantil, o SEU e en xuño de 1934 creouse a Sección Femenina da Falange converténdose Pilar na súa primeira xefa nacional.

Pilar Primo de Rivera (segunda pola dereita), participando nunha reunión na Alemaña nazi (1941).

Pasou o comenzo Guerra Civil española agachada en Madrid ata que se refuxiou na embaixada arxentina e logrou escapar á zona franquista, fixou a súa residencia en Salamanca xa convertida nunha autoridade moral entre o movemento falanxista tras a morte de José Antonio. Reticente con algunhas medidas franquistas propuxo que a bandeira e o himno falanxistas se convertesen nos símbolos oficiais de España pero mantivo unha postura ambigua cando Franco unificou os movementos falanxista e carlista na Falange Española Tradicionalista y de las JONS aceptando ao fin un posto no Consello Nacional do novo partido. Franco nomeouna condesa do Castillo de la Mota en 1960. Procuradora en Cortes, abstívose na votación sobre a Lei de Reforma Política de 1976.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre unha personalidade é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pilar_Primo_de_Rivera&oldid=4745721"