Mellóreo engadindo referencias que verifiquen as afirmacións contidas no artigo e engada referencias a pé de páxina. As afirmacións que constitúan unha fonte primaria non verificable deben eliminarse. Por favor, non quite esta mensaxe ata que o problema estea solucionado. (Desde novembro de 2017.)
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde novembro de 2017.)
O pluripartidismo é un sistema de partidos políticos onde unha gran cantidade de partidos políticos teñen amplas posibilidades de obter o poder executivo, así como o poder lexislativo atópase dividido entre unha gran cantidade de bancadas ó fraccións, en contraposición ao bipartidismo (a hexemonía de dous partidos políticos), ó o unipartidismo (a hexemonía dun só partido político).
Países con sistemas políticos pluripartidistas hai moitos, como o caso de Francia, Italia, Portugal, Grecia, Chile, Guatemala, Ecuador, Bolivia, México, Rusia, India e Xapón.
Así mesmo, aínda que tiveron sistemas bipartidistas ata hai pouco, actualmente teñen un sistema pluripartidista Brasil, Colombia, Costa Rica, Perú, Uruguai e Venezuela
Existen dous xeitos de enfocar unha democracia pluripartidista e bipartidista:
Bipartidismo: cando dous partidos políticos de ideoloxías opostas absorben a maioría abafadora dos votos, deixando espazo escaso a outros partidos. Neste sistema, os partidos minoritarios adoitan ser rexionalistas ou de ideoloxías extremistas. Os exemplos máis claros atopámolos en Estados Unidos (Demócratas e Republicanos).
Polipartidismo: onde varios partidos políticos (de 4 a 8, normalmente) se repárten os escanos, estando obrigados a realizar alianzas para acadar o poder. Este sistema é cecais máis realista no sentido de expresar a ideoloxía dos cidadáns, pero trae consigo maior risco de que ideoloxías antidemocráticas acaden o goberno. Algúns exemplos son Alemaña, Israel e Italia.
Centrismo: Entre varios partidos políticos hai un de centro que obtén a maioría dos votos, pero que xeralmente ten que levar a cabo coalicións co resto de partidos que adquiren máis ou menos votos segundo as tendencias do momento.