Pobo británico

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo británico
Arth tapestry2.jpg
Tapiz medieval que amosa ó Rei Artur, un antigo gobernante britano protagonista da Materia de Bretaña, un mito nacional empregado como propaganda das orixes ancestrais da Familia real británica e dos súbditos británicos.
Poboación
Poboación total:
Británicos
65 600 000
Diáspora
140 millóns[1]
Rexións principais:
Reino Unido Reino Unido57 678 000[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos40 234 652 - 72 065 000[3]
Flag of Canada.svgCanadá12 134 745[4]
Australia Australia9 031 100[5]
Flag of Hong Kong.svgHong Kong3 400 000[6]
Nova Zelandia Nova Zelandia2 425 278[7]
Aspectos culturais
LinguaInglés (córnico, guernésiais, irlandés, jèrriais, manx, escocés, gaélico escocés e galés)
RelixiónComuñón Anglicana (tradicionalmente), así como outros protestantismos

Os británicos[8] son os cidadáns do Reino Unido, dos Territorios Británicos de Ultramar das dependencias da Coroa e o seu descendentes.[9][10] A lei nacional británica é a que goberna ás persoas de cidadanía e nacionalidade británica, que pode ser adquirida, por exemplo, por ser descendente de británico. Cando o termo é usado nun contexto histórico pode refererirse ós britanos celtas, os habitantes indíxenas de Gran Bretaña e Bretaña, cuxos superviventes son os modernos pobos galés, córnico e bretón.[10]

Malia que as primeiras identificacións como británicos datan da Baixa Idade Media, non foi até a creación do Reino de Gran Bretaña[11][12][13][14][15] en 1707 cando xurdiu o sentido de identidade nacional británica.[16] A noción británica forxouse durante as guerras napoleónicas entre o Reino Unido e o Primeiro Imperio Francés, e desenvolveuse durante a época vitoriana.[16][17] A complexa historia de formación do Reino Unido creou un "sentido particular de nacionalidade e pertenza" en Gran Bretaña e Irlanda;[16] A británica converteuse nunha "identidade superimposta en identidades anteriores", como a inglesa, a escocesa, a galesa e a irlandesa, cuxas particularidades culturais resistiron a homoxeneidade da identidade británica.[18] Por mor das duradeiras divisións etnosectarias, a identidade británica en Irlanda do Norte é controvertida, pero é mantida firmemente polo sector unionista da sociedade.[19]

Os británicos modernos son descendentes de diversos grupos étnicos que se asentaron nas Illas Británicas antes do século XI: poboacións prehistóricas, britanos, romanos, anglosaxóns, nórdicos e normandos.[20] A progresiva unificación política das Illas Británicas facilitou o intercambio migratorio, cultural e lingüístico, ademais dos matrimonios mixtos entre ingleses, escoceses e galeses durante a Idade Media, a Idade Moderna e posterior.[21][22] Dende 1922 produciuse un proceso de inmigración cara ó Reino Unido por xente procedente da República de Irlanda, da Commonwealth, da Europa continental e doutros lugares. Eles e os seus descendentes son maioritariamente británicos, e manteñen unha identidade británica, dobre o dual ou múltiple.[23]

Os británicos son unha sociedade diversa, multinacional[24][25] e multicultural, con "fortes acentos, expresións e identidades rexionais".[26][27] A estrutura social do Reino Unido cambiou radicalmente dende o século XIX, cun declive da relixiosidade, un crecemento da clase media, e a partir da década de 1950, un incremento da diversidade étnica. A poboación do Reino Unido rolda os 62,5 millóns,[28] cunha diáspora de 140 millóns concentrada en Australia, o Canadá, Suráfrica, Hong Kong, Nova Zelandia, os Estados Unidos de América, Irlanda, Francia e España.[29]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Richards 2004, p. 255.
  2. Population By Country of Birth and Nationality tables January 2013 to December 2013. Consultado o 04 de novembro de 2014
  3. "Brits Abroad: Country-by-country". BBC News. 11 de decembro de 2006. Consultado o 24 de maio de 2009. 
  4. Statistics Canada (2006). Canada 2006 Census, ed. "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories". statcan.ca. Consultado o 27 de maio de 2009. 
  5. Australian Bureau of Statistics (21 de xuño de 2012). "Reflecting a Nation: Stories from the 2011 Census, 2012–2013". abs.gov.au. Consultado o 1 de maio de 2014. 
  6. The Committee Office, House of Commons. "House of Commons - Foreign Affairs - Fifth Report". Parliament of the United Kingdom. Consultado o 26 de febreiro de 2014. 
  7. Statistics New Zealand (4 de febreiro de 2009). "QuickStats About Culture and Identity". stats.govt.nz. Arquivado dende o orixinal o 19 de febreiro de 2008. Consultado o 18 de maio de 2009. 
  8. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para británico.
  9. Cfr. Interpretation Act 1978, Sched. 1. By the British Nationality Act 1981, s. 50 (1), o Reino Unido inclúe as Illas da Canle e a Illa de Man para a lei nacional.
  10. 10,010,1 Macdonald 1969, p. 62
  11. "Uniting the kingdom?". nationalarchives.gov.uk. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  12. "Acts of Union 1707". Parliament of the United Kingdom. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  13. "Making the Act of Union 1707" (PDF). Parliament of the United Kingdom. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de maio de 2011. Consultado o 4 de xaneiro de 2011. 
  14. "The Union of the Parliaments 1707". Learning and Teaching Scotland. Arquivado dende o orixinal o 02 de xaneiro de 2012. Consultado o 28 de xaneiro de 2011. 
  15. "THE TREATY or Act of the Union". scotshistoryonline.co.uk. Consultado o 12 de decembro de 2009. 
  16. 16,016,116,2 Colley 1992, p. 1.
  17. Colley 1992, p. 5.
  18. Colley 1992, p. 6.
  19. CAIN Web Service. "British? Irish? Or what?". cain.ulst.ac.uk. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  20. United States Department of State (xullo de 2008). "United Kingdom - People". state.gov. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  21. Trudgill 1984, p. 519.
  22. Richardson & Ashford 1993, p. 531.
  23. Ward 2004, pp. 113–115.
  24. Gordon Brown: We must defend the Union The Daily Telegraph, 25 de marzo de 2008
  25. DIVERSITY AND CITIZENSHIP CURRICULUM REVIEW Arquivado 15 de xuño de 2011 en Wayback Machine. www.devon.gov.uk. Consultado o 13 de agosto de 2010.
  26. "UK dialects 'strong and varied'". BBC. 15 de agosto de 2005. Consultado o 19 de febreiro de 2009. 
  27. Rosen 2003, p. 3.
  28. "Eurostat Tables, Graphs and Maps Interface (TGM) table". Eurostat. 1 de xaneiro de 2011. Consultado o 10 de setembro de 2011. 
  29. Ember et al. 2004, p. 47.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_británico&oldid=5251384"