Pobo kurdo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Pobo kurdo
Keja Darayî.jpg
Nena kurda de Mardin.
Poboación
Poboación total:
36,4–45,6 millóns (2017)
Rexións principais:
Turquía Turquía14,3 a 20 millóns
Flag of Iran.svg Irán8,2 a 12 millóns
Flag of Iraq.svgIraq5,6 a 8,5 millóns
Flag of Syria.svgSiria2 a 3,6 millóns
Flag of Armenia.svgArmenia37 500[1]
Xeorxia Xeorxia13 861[2]
Flag of Azerbaijan.svg Acerbaixán6 100[3]
Aspectos culturais
LinguaLingua kurda (kurdo central, kurdo do norte, kurdo do sur, zazaki e goraní)
RelixiónIslam dende o século VII
(Sunnismo, pero tamén xiísmo e sufismo)
con minorías de deísmo, agnosticismo, iezidismo, zoroastrianism, cristianismo e xudaísmo
Grupos
relacionados
Outros pobos iranianos
Cidade do Kurdistán.

Os kurdos[4] son un pobo indoeuropeo que se atopa na rexión montañosa de Kurdistán, no suroeste de Asia, esparexida principalmente entre os estados de Iraq, Turquía e Irán. Os kurdos son na súa maioría musulmáns sunnitas.

Son ao redor de trinta millóns de individuos, malia que non existe ningún censo onde consten de maneira fiable. Calcúlase que preto do 55% do total vive en Turquía, un 20% en Iraq e un 5% en Siria. Existe tamén unha importante diáspora kurda en Europa occidental, sobre todo en países como Alemaña, o Reino Unido ou Suecia.

A finais da Primeira Guerra Mundial, na que apoiaron os aliados contra o Imperio Otomán, os kurdos conseguiron, por medio do tratado de Sèvres o recoñecemento da independencia do Kurdistán. Mais, este acordo internacional endexamais foi ratificado e foi substituído en troques polo tratado de Lausana, que repartiu o territorio kurdo entre Turquía, Iraq, Irán e Siria.

Feitos da historia moderna kurda[editar | editar a fonte]

  • Tratado de Sèvres, 10 de agosto de 1920. Estabelecía a creación dun Kurdistán independente que comprendese a Anatolia suroriental (ao sur do lago Van) e a rexión de Mosul, pero todo quedou en nada por diferenzas tribais e o rexeitamento do líder nacionalista turco Kemal Ataturk. Nese punto, os partidarios kurdos dividíronse entre os que querían manter a autonomía en Turquía e os que optaban por un estado independente.
  • 1945-1948: os kurdos pídenlle á ONU a autodeterminación do seu territorio.
  • 1945: fúndase a República Independente de Mahabad (Irán), dun ano de duración.
  • 1961-1970: revolta kurda en Iraq.
  • 1970: os kurdos logran o dominio dunha rexión autónoma en Iraq.
  • 1975-1991: Guerra entre os kurdos e as forzas armadas de Iraq.
  • 1978: Abdullah Öcalan funda o Partido dos Traballadores do Kurdistán (PKK), que comeza a operar en Turquía.
  • Anos 1980: as guerrillas kurdas apoiadas pola OLP (Organización para a Liberación de Palestina) e con base en Siria, Iraq e Irán realizan centos de incursións armadas no sueste de Turquía.
  • 1984: o PKK desencadea unha guerra aberta contra Turquía
  • 1988: ataques con armas químicas aos kurdos iraquís por parte de Saddam Hussein.
  • 1991: trala Guerra do Golfo, varias faccións kurdas érguense contra Iraq.
  • 1992: faccións kurdas iraquís constitúen un Goberno.
  • 12 de abril de 1995: Parlamento kurdo no Exilio, constituído na Haia.
  • Outubro 1998: Siria deixa de apoiar o PKK.
  • Marzo de 1999: secuestrado en Kenya o líder kurdo Abdullah Öcalan. Xulgado en Turquía por alta traizón e asasinato, Öcalan foi condenado a morte, pero a sentenza foi substituída por cadea perpetua trala abolición da pena de morte en Turquía.

Persoeiros kurdos históricos[editar | editar a fonte]

  • Saladino (1138-1193) ou Salah al-Din Yusuf-al-Ayyubi. Fillo de Ayyub, gobernador de Tikrit, e sobriño de Shirkuh, lugartenente de Nur al-Din, señor de Siria (1146-1174). Shirkuh fíxose co control do Califato Fatimí de Exipto (1169) nunha campaña militar costeada por Nur al-Din e o mesmo ano foi herdado por Saladino á morte do seu tío Shirkuh. Disolveu o Califato do Cairo (1171) e proclamado Sultán de Exipto, entrou en disputa con Nur al-Din, o seu señor. Á morte de Nur al-Din (1174) fíxose co poder en Siria, ao norte até Armenia, ao oeste Mosul e o Kurdistán (1186), e con gran parte dos Estados Cruzados (1187). O Sultán kurdo, líder do estado máis poderoso de Oriente, falece en Damasco.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Statistics of Armenia (ed.). "Information from the 2011 Armenian National Census" (PDF) (en armenia). Consultado o 27 de maio de 2014. 
  2. "Copia arquivada" (PDF). Arquivado dende o orixinal (PDF) o 05 de febreiro de 2017. Consultado o 20 de agosto de 2017. 
  3. Statistical Yearbook of Azerbaijan 2014. 2015. p. 80. 
  4. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para kurdo.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_kurdo&oldid=5150928"