Pobo maxiar

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pobo maxiar
Famous Hungarians.jpg
Álmos de Hungría, Estevo I de Hungría, Matías Corvino, Gabriel Bethlen, Francisco II Rákóczi, János Bolyai, István Széchenyi, János Arany, Róza Laborfalvi, József Eötvös, Loránd Eötvös, Vilma Hugonnai, Tivadar Kosztka, Béla Bartók, Miklós Horthy, Zoltán Kodály, Emma Orczy, János Kádár, Zsa Zsa Gabor, Péter Esterházy
Poboación
Poboación total:
13,1–14,7 millóns
Rexións principais:
Hungría Hungría 8 504 492[1] - 9 827 875[2]
Estados Unidos de América Estados Unidos 1 437 694 (2013)[3]
Romanía Romanía 1 227 623 (2011)[4]
Eslovaquia Eslovaquia 458 467 (2011)[5]
Flag of Canada.svgCanadá 315 510 (2006)[6]
Serbia Serbia 253 899 (2011)[7]
Ucraína Ucraína 156 566 (2001)[8]
Alemaña Alemaña 156 812[9]
Aspectos culturais
Lingua Lingua húngara
Relixión Catolicismo[10]
Protestantismo (calvinismo, unitarianismo e luteranismo); catolicismo grego; Xudaísmo.

Os maxiares[11] ou húngaros, (en húngaro: magyarok) é grupo étnico de Europa do leste, son os actuais poboadores de Hungría.

Historia e características[editar | editar a fonte]

Orixinariamente tribos eslavas e finesas que baixaron da península de Kola e arredores cara a Hungría aproximadamente desde o s.IX que ocuparon o baleiro que os ávaros deixaron en Eslovaquia e Hungría. Iniciaron as súas incursións a primeiros do s.VII e fóronas intensificando ata acadar Saxonia, a Lotarinxia e mesmo Francia. Os actuais maxiares proveñen de tribos separadas dos grupos fino-ugros asentados ata o s.V nas estepas que se estenden entre os ríos Volga e Kama que se desprazaron cara aos territorios ao norte do Cáucaso e de Crimea. Aínda que etnicamente relacionados co grupo fino-ugro, as diversas migracións e a influencia doutros grupos asiático (ávaros, hunos, mongois) así como a influencia dos pobos otománs e iranianos, evidenciada nos modismos lingüísticos do idioma, obtida durante a migración maxiar cara ao oeste das estepas rusas, determinaron a diferenciación final do gurpo étnico mesmo antes do seu asentamento final nas rexións históricas de Pannonia e Dacia.

Durante a máxima extensión do pobo maxiar (ss.XI e XII) a influencia destes chegou desde os Cárpatos e Transilvania, e ao sur, ata a rexión localizada entre os ríos Sava e Drava.

A batalla do río Lechja supuxo a fin da época de incursións e o principio dos asentamentos nas chairas de Hungría. O reino maxiar foi o predecesor do reino de Hungría e as súas primeiras fronteiras estendíanse desde a Bohemia imperial ata os lindes dos montes Dálmatas, os límites da Bosnia bizantina e a fronteira norte de Eslovaquia. As súas primeiras incursións de expansión foron cara ao norte e o nordeste, lindando por fin co reino de Polonia. Tiveron unha rápida conversión ao catolicismo debido á herdanza maxiar da época das invasións (Polonia, Baviera, Saxonia, Lombardía e Austria, todas elas provincias cristiás) preto do novo milenio.

Na actualidade os maxiares representan o 92% da poboación de Hungría.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bojer, Anasztázia (2012). Central Statistics Office of Hungary, ed. 2011. évi népszámlálás (PDF) (en húngaro). Budapest. ISBN 978-963-235-417-0. Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  2. Central Statistical Office of Hungary, ed. (17 de abril de 2013). "1.1.4.2 A népesség nyelvismeret és nemek szerint" (XLS) (en húngaro). Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  3. United States Census Bureau, ed. (2013). "Total ancestry categories tallied for people with one or more ancestry categories reported: 2013 American Community Survey 1-Year Estimates". Consultado o 1 de agosto de 2016. 
  4. (en romanés) "Comunicat de presă privind rezultatele definitive ale Recensământului Populaţiei şi Locuinţelor – 2011", at the 2011 Romanian census site; consultado o 11 de xullo de 2013
  5. 2001 Slovakian Census
  6. 2.statcan.ca (ed.). "The 2006 census". Arquivado dende o orixinal o 2009-06-25. Consultado o 22 de agosto de 2013. 
  7. 2011 Serbian Census
  8. State Statistics Committee of Ukraine, ed. (2003). "About number and composition population of UKRAINE by data All-Ukrainian census of the population 2001". Arquivado dende o orixinal o 31 de outubro de 2004. 
  9. "Anzahl der Ausländer in Deutschland nach Herkunftsland (Stand: 31. Dezember 2014)". 
  10. European Commission, ed. (2012). "Discrimination in the EU in 2012" (PDF). European Union. p. 233. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 2 de decembro de 2012. Consultado o 14 de agosto de 2013. 
  11. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para maxiar.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Korai Magyar Történeti Lexicon (9–14. század) (Encyclopedia of the Early Hungarian History (9th–14th Centuries)) Budapest, Akadémiai Kiadó; 753. ISBN 963-05-6722-9.
  • Károly Kocsis (DSc, Universidade de Miskolc) – Zsolt Bottlik (PhD, Universidade de Budapest) – Patrik Tátrai: Etnikai térfolyamatok a Kárpát-medence határon túli régióiban + CD (for detailed data), Magyar Tudományos Akadémia (Hungarian Academy of Sciences) – Földrajtudományi Kutatóintézet (Academy of Geographical Studies); Budapest; 2006.; ISBN 963-9545-10-4

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_maxiar&oldid=4906711"