Pobo qumandi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Os qumandis é un pobo turcófono que habita no Krai de Altai, na República de Altai e no oblast de Kemerovo en Rusia. Están recoñecidos como un pobo indíxena da Federación Rusa (decreto 255/2000 do goberno ruso). Falan o qumanda, oficialmente un dialecto da lingua altai.

Segundo o censo de 2002 os qumandis eran 3114, distribuídos en:

  • Krai de Altai: 1663
  • República de Altai: 931
  • Kemerovo: 294
  • Resto de Rusia: 226

Anteriormente tan só no censo de 1926 aparecían rexistrados os qumandas como un grupo propio, naquela data eran 6327, a maioría, 4948 habitaban no distrito de Biysk. A actividade tradicional dos qumandis era a caza, a pesca, a cría de gando e a recolleita de bagas e froitos.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pobo_qumandi&oldid=4357833"