Política

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Político")
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.

Política (do latín politĭcus, e este do grego antigo πολιτικός politikós, masculino de πολιτική politikḗ, que significa «de, para o relacionado cos cidadáns») é a teoría, arte ou doutrina referente ao goberno dunha comunidade,[1] o cal implica un proceso ou actividade de toma de decisións que se aplican a todos os membros dun grupo para a consecución duns obxectivos orientados ao ben común. A ciencia política constitúe unha rama das ciencias sociais que se ocupa da actividade dunha sociedade, composta por cidadáns libres, para resolver os problemas que lle plantea a súa convivencia colectiva

Conceptos de política[editar | editar a fonte]

Concepto amplo de política[editar | editar a fonte]

Unha definición máis ampla fai definir a política como toda actividade, arte, doutrina ou opinión, cortesía ou diplomacia tendentes á busca, ao exercicio, á modificación, ao mantemento, á preservación ou á desaparición do poder público.[2][3][4]

Nesta ampla definición pódese observar claramente o obxecto da ciencia política, entendido como o poder público subtraído da convivencia humana, xa sexa dun Estado, xa dunha empresa, un sindicato, unha agrupación, unha escola, unha igrexa etc.

Por iso cando se emprega a definición máis ampla de política adoita aclararse que esta é unha actividade da que é moi difícil subtraerse, por atoparse en case todos os ámbitos da vida humana.

Concepto restrinxido de política[editar | editar a fonte]

Unha definición máis estrita proporía que a política é unicamente o resultado expreso oficialmente nas leis de convivencia nun determinado Estado.[5] Definición que restrinxe á vida das agrupacións e organizacións non estatais, limitándoas unicamente ás disposicións legais dos seus estados.

Concepcións históricas da política[editar | editar a fonte]

Definicións clásicas apuntan a definir política como o exercicio do poder en relación a un conflito de intereses. Son famosas as definicións fatalistas de Carl Schmitt da política como un xogo ou dialéctica amigo-enimigo, que ten na guerra a súa máxima expresión; ou de Maurice Duverger, como loita ou combate de individuos e grupos para conquistar o poder que os vencedores usarían no seu proveito. Tamén Max Weber define a política estritamente en función do poder.

Unha perspectiva oposta contempla a política nun sentido ético, como unha disposición a obrar nunha sociedade utilizando o poder público organizado para lograr obxectivos proveitosos para o grupo. Así, as definicións posteriores do termo diferenciaron o poder como forma de acordo e decisión colectiva, no canto de forza como uso de medidas coercitivas ou a ameaza do seu uso.

Unha definición intermedia, que abarque ás outras dúas, debe incorporar ambos momentos: medio e fin, violencia e interese xeral ou ben común. Podería ser entendida como a actividade de quen procuran obter o poder, retelo ou exercitalo con vistas a un fin que se vincula ao ben ou co interese da xeneralidade ou pobo.[6]

Antonio Gramsci concebía a ciencia da política, tanto no seu contido concreto como na súa formación lóxica, como un organismo en desenvolvemento. Ao comparar a Maquiavelo con Bodin afirma que este crea a ciencia política en Francia nun terreo moito máis avanzado e complexo que Maquiavelo e que a Bodin non lle interesa o momento da forza, senón o do consenso. De seguido, Gramsci opina que o primeiro elemento, o piar da política, "é o de que existen realmente gobernados e gobernantes, dirixentes e dirixidos. Toda a ciencia e a arte política baséase neste feito primordial, irreductible (en certas condicións xerais)"[7]

O exercicio da política permite xestionar os activos do estado nacional, tamén resolve conflitos dentro das sociedades adscritas a un estado específico, o cal permite a coherencia social. As normas e as leis que determinan a actividade política, vólvense obrigatorias para todos os integrantes do estado nacional de onde proceden tales disposicións.

Frank Goodnow fai unha especial énfase sobre a función da política que corresponde á vontade do Estado. Esta compleméntase na súa execución a través do goberno. A política só é funcional cando permite poñer regras entre os gobernantes e os gobernados, os cales son dobregados á vontade das accións que se desexan orientar co propósito de alcanzar un determinado fin.

Obxecto de estudo da política[editar | editar a fonte]

Segundo Max Weber, Raymond Aron, George Vedel e Maurice Duverger, o obxecto de estudo da política é o "poder".[8]

Política dogmática[editar | editar a fonte]

Política dogmática é concibir o proceso político como mantemento dunha estratexia considerada ortodoxa, identificada coa "verdade", é dicir, que non ten criterio de discusión.[9]

Política funcional[editar | editar a fonte]

Conxunto de aliñamentos discrecionais que aplican a un proceso, subproceso ou unidade para facilitar a toma de decisións congruentes co que os líderes dos procesos e unidades requiren para xestionar as actividades. Unha política funcional admite discreción.

Teorías e ideoloxías políticas no espectro político[editar | editar a fonte]

Esquema bidimensional que mostra as ideoloxías principais dentro do espectro político. En vermello o totalitarismo ou estatismo, en azul o capitalismo antigo ou conservadorismo tradicionalista, en amarelo o totalismo ou socialismo, en verde o liberalismo ou capitalismo despois das revolucións burguesas. O eixo vertical corresponde ó eixo moral (autoritarismo-libertarismo) e o eixo horizontal ó eixo económico (esquerda-dereita).

Todas as ideoloxías políticas agrúpanse arredor de dúas dimensións que son a económica e a social. A dimensión económica está integrada por dúas ideoloxías opostas, esquerda-dereita, que forman unha liña horizontal e a dimensión social está integrada por outras dúas ideoloxías opostas, autoritarismo-libertarismo,[10][11][12] que forman unha liña vertical. Xuntas estas dúas dimensións integran un mapa ideolóxico en que podemos atopar catro grandes sistemas como o totalitarismo, conservadorismo, socialismo e o liberalismo, e o punto en que se cruzan as dúas liñas considérase como o centro político.[11][12]

Partidos políticos[editar | editar a fonte]

Os partidos son entidades de base asociativa que aglutinan e manifestan propostas de carácter político dentro de cada sistema político. Os sistemas democráticos adoitan adoptar o pluripartidismo como forma organizativa, mentres as ditaduras adoptan a organización de partido único.

Partidos políticos en España[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Partidos políticos en España.

A Constitución española de 1978 recoñece o sistema pluripartidista no seu artigo 6. Na súa maioría, en España, os partidos teñen ámbito estatal ou ámbito autonómico, aínda que tamén pode habelos de ámbitos menores. Os partidos poden formar federacións, confederacións e unións de partidos así como coalicións e agrupacións. Na actualidade, a Lei 6/2002, de 27 de xuño, de Partidos Políticos regula a súa creación e funcionamento.

Principais partidos políticos galegos[editar | editar a fonte]

En Galiza, existen diversos partidos políticos. Con maior número de votos[cando?] son (ordenados alfabeticamente):

Notas[editar | editar a fonte]

  1. RAG. "Definición de política". Dicionario da Real Academia Galega. 
  2. Eduardo Andrade Sánchez, Introducción a la Ciencia Política. Universidade Nacional Autónoma de México, México 1990, 05 ss.
  3. Definición de política
  4. De Conceptos
  5. "Significado de Política". significados.com (en castelán). Consultado o 3 de outubro de 2018. 
  6. Hugo Eduardo Herrera (2009). Instituto de Estudios de la Sociedad, ed. ¿De qué hablamos cuando hablamos de Estado?: ensayo filosófico de justificación de la praxis política (en castelán). Santiago de Chile. pp. 67 ss. ISBN 9568639071. 
  7. Antonio Gramsci (1975). Notas sobre Maquiavelo, sobre política y sobre el estado moderno (en castelán). México. p. 31. 
  8. Ogaza, M.; Araujo (2012). "Objeto de estudio de la ciencia política.". 
  9. García, M. (2000). Introducción al derecho. Porrúa. 
  10. George Lakoff 1996. Moral politics : What Conservatives Know that Liberals Don't, University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-46805-1
    • 2001 Edition. Moral Politics: How Liberals and Conservatives Think, University of Chicago Press. ISBN 978-0-226-46771-9
  11. 11,011,1 Slomp, Hans (2000). European Politics Into the Twenty-First Century: Integration and Division. Westport: Praeger. ISBN 0275968146. 
  12. 12,012,1 "David Nolan - Libertarian Celebrity". Advocates for Self Government. Arquivado dende o orixinal o 17 de febreiro de 2003. Consultado o 18 de xuño de 2010. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Política&oldid=4939668"