Policromía

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Furna cineraria etrusca con restos de policromía.

Policromía[1] é a arte de pintar ou decorar con varias cores tanto as obras bidimensionais (pictóricas) como certas partes de obras tridimensionales (escultóricas ou arquitectónicas). O oposto é a monocromía (uso dunha soa cor). En artes gráficas teñen uso tamén os termos bicromía, tricromía ou tetracromía, segundo o número de cores empregadas.

Idade Antiga[editar | editar a fonte]

Na antigüidade, os asirios e caldeos pintaron de brillantes cores as súas estatuas e á parte disto decoraban as paredes dos seus edificios ora con azulexos, ora con pinturas murais de cor viva cuxo perfil quedaba debuxado por unha raia grosa negra ou de cor. Os exipcios cubriron de pinturas xeroglíficas os seus templos e palacios.

Reconstrución de cores no entaboamento dun templo dórico.

Os gregos foron así mesmo mestres en policromar os seus monumentos e o mesmo pode dicirse das antigas culturas precolombianas.

Os descubrimentos feitos durante o século XIX permitiron confirmar que os helenos cubrían cun sólido estuco, xeralmente vermello, as gradinatas e o chan dos seus templos. Os capiteis e arquitrabes recibían un ton carmín; as cornixas eran azuis, realzadas con adornos vermellos, pardos, amarelos e verdes; o tímpano era azul; as canles tezas, acroteras, antefixas e todos os barros cocidos ofrecían brillantes cores, habilmente harmonizados. Os edificios civís ou profanos estaban decorados tamén con pinturas murais.

Reprodución de policromía sobre o frontón de Exina (s. V a. C.

Os romanos empregaron moito as columnas monolitas de mármore de diversos matices e os mosaicos. Os bizantinos, herdeiros da arte helénico, continuaron a tradición e transmitiron a policromía ós árabes e ós pobos de Occidente.

Época románica[editar | editar a fonte]

Estatuas con policromía en Santa María de Piasca, románico (Cantabria, España).

No estilo románico e despois no gótico foi costume decorar con pinturas de tons vivos e simples as capelas e estatuas xeralmente sobre fondo vermello ou azul. Ás veces, pintábanse de azul, con estrelas as bóvedas a cuxos efectos policrómicos contribuían pola súa banda as vidreiras de cores e dourados.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para policromía.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Policromía&oldid=4680793"