Polinucleótido

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Un polinucleótido é unha molécula longa composta por nucleótidos unidos covalentemente formando unha cadea. É un biopolímero cuxos monómeros son nucleótidos. As cadeas de nucleótidos máis curtas denomínanse oligonucleótidos. O límite entre oligonucleótido e polinucleótido é un tanto arbitrario e varía segundo as fontes; para algunhas é 13 nucleótidos[1], para outras unhas decenas. Os polinucleótidos máis importantes son os ácidos nucleicos ADN e ARN, que serven para almacenar e expresar a información xenética dos seres vivos. Na secuencia de nucleótidos do polinucleótido está almacenada a información xenética. Os polinucleótidos poden ser monocatenarios ou bicatenarios.

Nalgúns experimentos utilízanse polinucleótidos, como na reacción en cadea da polimerase (PCR) ou na secuenciación do ADN. Na PCR fabrícanse artificialmente pequenos polinucleótidos ou oligonucleótidos, que funcionan como cebadores a partir dos cales unha ADN polimerase estende a cadea. Para secuenciar o ADN, este fragméntase en moitos polinucleótidos máis pequenos, que se secuencian, e despois ensámblanse as secuencias obtidas.

Véxase tamén: Ácido nucleico.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Polynucleotides Medical Subject Headings (MeSH) na Biblioteca Nacional de Medicina dos EUA.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Polinucleótido&oldid=4324335"