Pomponio Mela

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Pomponio Mela
Nacemento c. 15
  Algeciras
Falecemento século I
  Roma
Nacionalidade Roma Antiga
Ocupación xeógrafo, escritor e autor
editar datos en Wikidata ]
Mapa de Pomponio Mela

Pomponio Mela foi un xeógrafo hispano que viviu no século I despois de Cristo.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu en Tingentera (Alxeciras), e escribiu nas décadas trinta e corenta do século I. Fixo unha obra en tres libros na que describe as diversas terras que se coñecían, e que se titula Chorographia.

No que se refire a Hispania fai descricións de costas do Mediterráneo, das illas Baleares, da zona de Cádiz e da costa atlántica. A súa obra é importante por recoller máis dun cento de topónimos e etnónimos da Península Ibérica no século I. Posiblemente as informacións achegadas por militares, funcionarios romanos e visitantes constitúan as súas fontes, ademais de Cornelio Nepote, Salustio e Varrón.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Pomponio_Mela&oldid=4741526"