Porta do Camiño (Santiago de Compostela)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Porta do Camiño, Santiago de Compostela.

A Porta do Camiño de Santiago de Compostela era a primeira porta pola que entraban á cidade os peregrinos que acudían polo Camiño Francés. Desde este lugar pódese contemplar o Convento de San Domingos de Bonaval, sede do Museo do Pobo Galego desde 1963.[1]

Antigamente existía un arco que formaba unha das sete entradas á cidade amurallada de Compostela, tras ser arrasada polas tropas do árabe Almanzor.[2]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Porta do Camiño". Turgalicia. 31 de marzo de 2008. Consultado o 26 de agosto de 2015. 
  2. "Puerta del Camino de Santiago de Compostela". Compostela Virtual (en castelán). Consultado o 26 de agosto de 2015. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Porta_do_Camiño_(Santiago_de_Compostela)&oldid=4503230"