Portal:Ópera

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Imaxe portada Portal Opera.jpeg
Milan - Scala - Facade.jpg

A ópera é un xénero dramático no que a historia se canta na súa maior parte. Para a súa elaboración precísase dun compositor/a así coma dun escritor/a, que recolle a historia no libreto, polo que se chama tamén libretista. L'Orfeo (1607) de Claudio Monteverdi, está considerada coma a primeira ópera da historia.

Para a súa representación precísase de cantantes para interpretar os personaxes e dunha orquestra, así coma todo o persoal necesario para calquera produción escénica, liderado polo director/a de escena.

Adoita comezar por unha abertura e estrutúrase en arias, recitativos, coros, dúos, tríos, cuartetos, fragmentos orquestrais...

Artigo destacado

editar

DrapersTristanIsolde.jpg
Tristan und Isolde (en galego, Tristán e Isolda) é unha ópera en tres actos con música e libreto en alemán de Richard Wagner, baseado en boa parte no romance de Gottfried von Strassburg. Foi composta entre 1857 e 1859 e estreada en München o 10 de xuño de 1865 baixo a batuta de Hans von Bülow. Wagner non a chamaba ópera senón Eine Handlung (drama musical). Forma parte do Canon de Bayreuth.

A composición de Wagner de Tristan und Isolde foi inspirada pola súa aventura con Mathilde Wesendonck e a filosofía de Arthur Schopenhauer. Recoñecida amplamente como un dos cumios do seu repertorio operístico, Tristan und Isolde destaca polo uso avanzado que fai Wagner do cromatismo, a tonalidade, a cor orquestral e a suspensión harmónica. O primeiro acorde da ópera, chamado o «acorde de Tristán», considérase de grande importancia no desenvolvemento da harmonía tonal tradicional.

A ópera foi moi influente entre os compositores occidentais e serviu de inspiración a compositores como Gustav Mahler, Richard Strauss, Karol Szymanowski, Alban Berg ou Arnold Schoenberg. Moitos ven Tristan und Isolde como o comezo da fin da harmonía convencional e a tonalidade, e consideran que establece a base do movemento atonal característico do século XX.

Imaxe destacada

editar

Émile Bertrand - Jules Massenet - Cendrillon poster.jpg
Cartel orixinal de Cendrillon, obra de Émile Bertrand.
Vexa o artigo Jules Massenet.


Este mes

editar

Portal:Ópera/Selección de aniversarios/novembro

Categorías

editar

Queres atopar artigos relacionados coa ópera? Proba buscando nas seguintes categorías:

Biografía destacada

editar

Haendel.jpg
Georg Friedrich Händel, nado en Halle o 23 de febreiro de 1685 e finado en Londres o 14 de abril de 1759, foi un compositor musical de orixe alemá nacionalizado inglés, considerado un dos cumes do Barroco e un dos mellores compositores da música occidental. É, na historia da música, o primeiro compositor moderno en adaptar e enfocar a súa música para satisfacer os gustos e necesidades do público, en vez dos da nobreza e dos mecenas.

Está considerado o sucesor e continuador de Henry Purcell, e marcou toda unha era na música inglesa, sendo o compositor máis importante entre Purcell e Elgar en Inglaterra. Foi o primeiro gran mestre da música baseada na técnica da homofonía, así como da ópera seria italiana e o oratorio.

O seu inmenso legado musical, síntese dos estilos alemán, italiano, francés e inglés da primeira metade do século XVIII, inclúe obras de practicamente todos os xéneros da súa época, onde as súas 43 óperas, 26 oratorios e o seu legado coral son o máis sobresaliente e importante da súa produción musical.

Cita destacada

editar

Giuseppe Verdi. Portrait by Giovanni Boldini, 1886
Adoro a arte... cando estou só coas miñas notas, os latidos do meu corazón e as lágrimas caen, a miña emoción e pracer son inmensos.
Son destacado
Sabías que...

editar

Retrato de Alban Berg (1927).
  • ... Lulu, de Alban Berg, quedou inacabada á morte do compositor e logo da negativa de Schönberg para rematala, houbo que esperar á morte da muller de Berg para que o compositor e director austríaco Friedrich Cerha a rematara?
  • ... a ópera chegou a Galiza en 1767 da man do empresario de ópera Nicolás Settaro, que se estableceu en Santiago de Compostela?
  • ... na noite da estrea da ópera de Donizetti Adelia estalou unha trifulca porque un empresario sen escrúpulos vendeu demasiadas entradas?


Artigos de calidade e bos


Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Ópera&oldid=4453598"