Portal:Colombia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Colombia Portal Banner.svg

Portal de Colombia

COL orthographic (San Andrés and Providencia special).svg

Colombia, oficialmente República de Colombia, é un país que se atopa no recuncho noroccidental de América do Sur, o que a fai posuidora de costas nos océanos Atlántico e Pacífico. A costa norte e noroeste está o Mar Caribe, limita continentalmente con: Venezuela ó leste, Brasil ó sueste, Perú e Ecuador ó sur, e Panamá e o Océano Pacífico ó oeste. Limita vía marítima con Costa Rica ó oeste; Nicaragua, Porto Rico e Honduras, ó noroeste; República Dominicana, Xamaica e Haití ó norte. É unha república constitucional e unitaria que abrangue trinta e dous departamentos.

O territorio que hoxe é Colombia estivo habitado orixinariamente por pobos indíxenas como os muiscas, os quimbaya e os taironas. Os conquistadores españois chegaron en 1499 e comezaron un proceso de conquista e colonización que culminou coa creación da Vicerreinado de Nova Granada, con capital en Bogotá. A independencia do país produciuse en 1819, pero no ano 1830 "Gran Colombia" colapsou coa secesión de Venezuela e Ecuador. Nos actuais Colombia e Panamá xurdiu a República de Nova Granada. A nova nación experimentou co federalismo como Confederación Granadina (1858), e como Estados Unidos de Colombia (1863), antes de que se declarase a República de Colombia en 1886. A secesión de Panamá produciuse en 1903. Dende a década de 1960, o país sufriu un conflito armado asimétrico de baixa intesidade, que escalou na década de 1990, e que minguou dende o ano 2005.

Artigo destacado

editar

Turmeque Estatua3.jpg
Tejo ou turmequé (tamén coñecido co nome da localidade de Turmequé) é un xogo que consiste en lanzar un disco metálico de preto de 680 gramos a través dunha cancha de arxila de 18 metros de longo para facer estoupar as mechas (pequenos sobres con pólvora) que se atopan no bocín (círculo metálico que se atopa na cancha) e así ir engadindo puntos. Está considerado deporte nacional de Colombia.

Este deporte autóctono de Colombia, era practicado xa hai máis de 500 anos polos habitantes do altiplano cundiboyacense nos departamentos de Cundinamarca e Boyacá. O xogo do turmequé consistía en lanzar un disco de ouro chamado "zepguagoscua", o cal evolucionou cos séculos no xogo do tejo practicado hoxe en Colombia. Ó popularizarse, o "zepguagoscua" foi substituído por un disco de pedra e no presente emprégase un de metal (tejo).

O tejo é un deporte de competencia, no cal se enfrontan xogadores de xeito individual ou conformando equipos. O xogo consiste en guindar o tejo dende unha cancha até a outra, co obxectivo de enterralo dentro do bocín, reventar unha mecha ou no seu defecto, enterralo máis preto do bocín que os demais competidores.

Lugar de interese

editar

Arrecifes.jpg
O Parque Nacional Natural Tayrona é unha área protexida na rexión colombiana do norte do Caribe, dentro da xurisdición do departamento de Magdalena e a 34 quilómetros da cidade de Santa Marta. O parque presenta unha biodiversidade endémica da área da Serra Nevada de Santa Marta, presentando unha variedade de climas e relevo que varía dende o nivel do mar a 900 metros de altitude. O parque cobre aproximadamente 30 quilómetros cadrados de área marítima no mar do Caribe e aproximadamente 150 quilómetros cadrados de terra.

Xuntamente con outros parques nacionais da Colombia, o Parque Natural Nacional de Tayrona foi declarado parte integrante da rede internacional de Reservas da Biosfera pola UNESCO. Foi o segundo parque nacional máis visitado na Colombia en 2013, con 237.246 visitantes. O parque máis visitado foi o Parque Nacional Natural Islas Corales del Rosario y San Bernardo.

Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (0)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0)

Imaxe destacada

editar

DIOSESANCESTRALES HUGOMONCAYO2007 4.jpg
Entroido de Negros e Brancos.
Vexa o artigo Pasto, Colombia.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Policarpa Salabarrieta.jpg
Policarpa Salavarrieta, , nada o 26 de xaneiro de 1795, e finada o 14 de novembro de 1817, tamén coñecida como "La Pola," era unha costureira neogranadina que espiou para as Forzas Revolucionarias durante a Reconquista do Vicerreinado de Nova Granada. Foi capturada polos realistas españois e finalmente executada por alta traizón. É considerada unha heroína da independencia de Colombia.

Carolina Ramírez interpretou a Salavarrieta en La Pola, unha serie de televisión de 2010 baseada na súa vida.

Sabías que...?

editar

Chocó.

  • ...o Chocó é a zona no mundo con maior biodiversidade de flora e fauna?
  • ...Valle del Cauca é o único departamento de Colombia que ten 5 aeroportos comerciales nas cidades de Cartago, Juanchaco, Buenaventura, Palmira e Tuluá?


...Arquivo
Wikimedia Commons

en Commons

Wiktionary

no Galizionario

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Colombia&oldid=4674393"