Portal:Fórmula 1

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
editar   

Portal da Fórmula 1

Carreira de Fórmula 1

A Fórmula 1, referida ás veces na escrita como F1, é un deporte automobilístico en que compiten pilotos profesionais en monoprazas pertencentes a diferentes escuderías en distintos circuítos preparados especialmente co obxectivo de chegar primeiro á liña de meta. O "fórmula" do nome refírese a unha serie de normas e regulacións que tódalas escuderías deben cumprir, mentres que o "1" é porque é a categoría máis alta das competicións de monoprazas, feito que vén respaldado por tratarse do deporte máis caro do mundo e por utilizárense os coches máis rápidos (a miúdo corren a máis de 300 km/h) e potentes (poden acadar cerca de 20000 revolucións por minuto).

(Máis...)


editar   

Artigo salientado

Senna imola89.jpg

O Gran Premio de San Marino de 1994 foi unha carreira de Fórmula Un celebrada o 1 de maio de 1994 no Autódromo Enzo e Dino Ferrari en Imola, Italia. Foi a terceira carreira do Campionato do Mundo de pilotos de 1994.

Os sucesos ocurridos nesta carreira significaron un importante punto de inflexión tanto na tempada de 1994, como no desenvolvemento da Fórmula Un, sobre todo no que respecta á seguridade.

O fin de semana viuse empañado pola morte de piloto austríaco Roland Ratzenberger e o do triplo campión do mundo Ayrton Senna en distintos accidentes. Noutros incidentes resultaron feridos o piloto Rubens Barrichello e varios mecánicos e espectadores.

(Máis...)


editar   

Fotografía salientada


editar   

Clasificacións

Piloto Escudería Puntos
Valtteri Bottas Mercedes 26
Lewis Hamilton Mercedes 18
Max Verstappen Red Bull 15
Escudería Puntos
Mercedes 44
Ferrari 22
Red BullHonda 15
Clasificacións finais do Campionato Mundial de Fórmula 1 de 2019 Vexa 2019 para un resumo completo da tempada e formula1.com para a clasificación e estatísticas completas.


editar   

Sabías que...


editar   

Novas de Fórmula 1


(arquivo)
2018
  • A Fórmula 1 rexistrou grandes perdas en 2018

O Grupo de Fórmula Un aumentou os seus ingresos en 2018 en comparación co ano anterior, pero o aumento nos gastos fixo que a organización tivese máis perdas.

Os resultados anuais de Liberty Media, indican que os ingresos da F1 aumentaron en preto de 38 millóns de euros dos 1.565 millóns de euros en 2017 ata os 1.603 millóns na tempada pasada. Tras obter un beneficio de 41 millóns de euros no 2016, seguido dunha perda de 33 millóns no 2017, a F1 rexistrou unha perda de 60 millóns durante a tempada 2018.

Os pagos aos 10 equipos da F1 continúan a diminuír, de 848 millóns de euros no 2016 a 807 millóns no 2017 e ata 802 millóns no 2018.


editar   

Vindeiro evento

Gran Premio de Bahrain de 2019
Carreira 2 de 21 · 29 marzo - 31 marzo · Circuíto Internacional de Bahrain

Bahrain International Circuit--Grand Prix Layout.svg

Gran Premio de AustraliaGran Premio de Bahrain → Gran Premio da China


editar   

Categorías


editar   

Wikiproxectos



Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Fórmula_1&oldid=4105987"