Portal:Hóckey a patíns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portal hockey patins.jpeg
Suiza vs Francia - 2014 CERH European Championship - 15.jpg

O hóckey a patíns é un deporte de equipo que se xoga en patíns de catro rodas paralelas no que se enfrontan dous equipos de cinco xogadores cada un (un porteiro e catro xogadores de campo) que empregan un pau de madeira de forma curva ou stick para conducir e golpear unha pequena pelota de caucho. Este deporte xógase nunha pista pechada por un valo de esquinas redondeadas e dúas porterías. O hóckey a patíns non é unha modalidade olímpica na actualidade, mais nos Xogos Olímpicos de Verán de 1992 foi incluído como deporte de exhibición, gañando a medalla de ouro a selección de Arxentina.

Considérase que este deporte naceu cara finais do século XIX en Inglaterra da man de Edward Crawford como adaptación do hóckey sobre xeo. Actualmente é practicado principalmente en Europa e América do Sur, e goza do popularidade nas antigas colonias portuguesas de Angola e Mozambique. Históricamente os países que teñen dominado esta modalidade, tanto a nivel de clubes como a nivel de seleccións son España, Portugal, Italia e Arxentina.

Artigo destacado

editar A Selección de hóckey a patíns masculina de Inglaterra é o equipo que representa a Inglaterra nas competicións internacionais de hóckey a patíns en categoría masculina. Inglaterra foi a gran dominadora do hóckey a patíns mundial nas décadas de 1920 e 1930, gañando as dúas primeiras edicións do Campionato do Mundo e as 12 primeiras edicións oficiais do Campionato de Europa. Posteriormente só puido conseguir o seu oitavo e último título da Copa das Nacións de Montreux en 1950.

En tempos recentes tan só puido conseguir un título internacional logo de gañar a IX edición Campionato do Mundo "B" disputado en Chatham (Inglaterra). No ano 2004 conseguiu chegar á final da XI edición do Campionato do Mundo "B" disputado en Macau, mais desta vez perdería a final fronte á selección catalán por 6 goles a 0.


Así van
Categorías
Personalidade destacada

editar

Martinazzo-1982 (3).jpg
Daniel Martinazzo, nado en San Juan de la Frontera o 9 de xaneiro de 1958 é un ex-xogador de hóckey a patíns arxentino. Iniciou a súa carreira no Club Deportivo Unión Estudiantil da súa cidade natal, e en 1980 asinou co HC Castiglione italiano. Desenvolveu a maior parte da súa carreira profesional no HC Liceo, equipo co que gañou 5 ligas españolas, 3 Copas de Europa, 1 Copa CERS e 2 Copas Intercontinentais.

En 1978 recibiu o Premio Olimpia de Ouro coma o deportista arxentino máis destacado do ano. En 1980 e 1990 recibiu o Premio Konex de Platino como mellor xogador arxentino da década na súa especialidade. En 1980 o premio ao xogador máis correcto do Campionato do Mundo dese ano. En 1983, o Comité Olímpico Italiano outorgoulle a medalla ao Mérito Deportivo.

Imaxe destacada
Artigos de calidade e bos


Proxectos relacionados

editar Portal:Hóckey a patíns/Proxectos relacionados/1

Portais relacionados
Proxectos irmáns
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Hóckey_a_patíns&oldid=4940458"