Portal:Hóckey sobre xeo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portal hockey xeo.jpeg
Mora IK vs Leksand in Stockholm 2013-01-05 38.jpg

O hóckey sobre xeo é un deporte de equipo xogado sobre unha pista de xeo entre dous equipos de seis xogadores cada un. Todos os xogadores van en patíns de xeo e empregan un pau ou stick para guiar un disco de caucho denominado puck á portería contraria para anotar un gol. É considerado a principal variedade de hóckey nos países do hemisferio norte con climas fríos, gozando de gran popularidade en países como Canadá (onde se inventou e é considerado o deporte nacional), Finlandia, Suecia, Rusia, República Checa, Eslovaquia, e os Estados Unidos.

O hóckey sobre xeo é un deporte olímpico dende os Xogos Olímpicos de 1920. O máximo dominador olímpico é Canadá, con 15 medallas en categoría masculina (9 ouros, 4 pratas e 2 bronces) e 5 en categoría feminina (as mesmas que Estados Unidos, pero con 4 ouros por un das estadounidenses). No Campionato do Mundo o máximo dominador na categoría feminina é Canadá, mentres que na categoría masculina domina a selección de Rusia tras herdar as 34 medallas conseguidas pola Unión Soviética.

Artigo destacado

editar

Vienna Capitals vs. KalPa, European Trophy 2011.JPG
O European Trophy (anteriormente denominado Nordic Trophy entre 2006 e 2009) foi un torneo de hóckey sobre xeo que se disputou cada ano entre 2006 e 2013, tradicionalmente composto por equipos das ligas máis importantes de Europa. Foi xeralmente considerado un torneo de pretempada, aínda que algúns partidos son xogados durante a tempada. Con 32 equipos participantes de sete países distintos en 2013, o European Trophy foi no seu tempo a maior competición de hóckey sobre xeo en Europa. Na tempada 2014–15, o European Trophy foi remprazado pola Champions Hockey League, un torneo organizado pola IIHF.

Suecia e Finlandia teñen participado en todas as edicións, sendo os únicos dous países que participaron cando o torneo era denominado "Nordic Trophy". Dende a inauguración do torneo en 2006 teñen participado equipos de oito países distintos: Suecia, Finlandia, Austria, República Checa, Alemaña, Eslovaquia, Suíza, e Noruega. Aínda que historicamente foron os equipos suecos os que dominaron a competición, ningún equipo gañou o torneo en máis dunha ocasión.


Así van
Categorías
Personalidade destacada

editar

Tiny Thompson.jpg
Cecil Ralph "Tiny" Thompson, nado en Sandon (Columbia Británica, Canadá) o 31 de maio de 1903 e finado en Calgary (Alberta, Canadá) o 9 de febreiro de 1981, foi un porteiro de hóckey sobre xeo profesional. Xogou durante 12 tempadas na National Hockey League (NHL), primeiro nos Boston Bruins, e posteriormente nos Detroit Red Wings. Gañador en catro ocasións do Vezina Trophy, Thompson foi introducido no Hockey Hall of Fame en 1959. Foi membro do equipo campión da Stanley Cup na tempada 1928-29 sendo rookie cos Boston Bruins. Ao principio da tempada 1938–39, logo de dez tempadas completas en Boston, foi traspasado aos Detroit Red Wings, onde completou a tempada e xogou outra tempada completa antes de retirarse. Durante a súa carreira na NHL, acreditou 81 shutouts, o sexto rexistro máis alto de calquer porteiro. Despois de retirarse como xogador, Thompson adestrou equipos de ligas menores antes de converterse nun destacado adestrador profesional. Thompson axudou a popularizar a técnica de agarrar o puck como método de realizar unha parada. Un puckhandler competente, foi o primeiro porteiro na NHL en realizar unha asistencia pasando o puck co seu stick a un xogador de campo.
Imaxe destacada

editar

Mora IK vs Leksand in Stockholm 2013-01-05 01.jpg
Jens Bergenström, Mark Hurtubise e Johan Ryno, do Leksands IF, celebran un gol fronte ao Mora IK en 2014.
Vexa o artigo Hockeyallsvenskan


Artigos de calidade e bos
Proxectos relacionados
Portais relacionados
Proxectos irmáns
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Hóckey_sobre_xeo&oldid=4729167"