Portal:Irlanda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
NullDingle peninsula panorama crop.jpg
Mapa de Irlanda Benvido ao Portal de Irlanda!
Fáilte go dtí Tairseach na hÉireann!
Welcome to the Ireland Portal!
Hailsin tae tha Airlann Portal!

Portal de Irlanda

Ireland (MODIS).jpg

Irlanda (Gl-Irlanda.ogg pronunciación ) (en irlandésÉire[ˈeː.ɾʲə] (AFI)Eire pronunciation.ogg escoitar; en inglésIreland[ˈaɪərlənd] ou [ˈɑrlənd] (AFI)En-us-Ireland.ogg escoitar), oficialmente República de Irlanda (Gl-República de Irlanda.ogg pronunciación ) (en irlandés: Poblacht na hÉireann; en inglés: Republic of Ireland) é un país do noroeste de Europa que forma parte da Unión Europea (UE). A súa capital é Dublín (en irlandés: Baile Átha Cliath e en inglés: Dublin). No ano 1949 declarouse o estado irlandés como a República de Irlanda (en inglés Republic of Ireland, en irlandés: Poblacht na hÉireann). Ás veces chámaselle coloquialmente a Illa esmeralda, facendo referencia á intensa cor verde dos campos irlandeses. Está no centro e sur da illa de Irlanda e ocupa a maior parte.

A Illa de Irlanda é polo seu tamaño a terceira illa de Europa e a vixésima do mundo. Atópase ao noroeste da Europa Continental, no lado occidental do Mar de Irlanda, ao oeste da illa de Gran Bretaña, e atópase rodeada por centenares de illas menores e illotes. Dous países posúen soberanía sobre a illa, a República de Irlanda, un país independente, que ocupa aproximadamente cinco sextas partes da illa, e Irlanda do Norte, unha rexión administrativa do Reino Unido, que ocupa a sexta parte restante, no extremo nororiental da illa.

A illa de Irlanda está tradicionalmente dividida en catro rexións ou provincias: Leinster (irlandés: Laighin), Ulster (irlandés: Cúige Uladh), Connacht (irlandés: Connachta) e Munster (irlandés: An Mhumhain).

Artigo destacado

editar

2009 Six Nations Champions - Ireland.jpg
A selección de rugby de Irlanda é o equipo que representa a Irlanda e Irlanda do Norte nas competicións internacionais de rugby como a Copa do Mundo de Rugby e o Torneo das Seis Nacións. Esta situación é única nos equipos internacionais de rugby, xa que o equipo de Irlanda é o único que reúne dúas entidades políticas diferentes. Os seus xogadores proveñen das catro provincias: Munster, Leinster, Ulster e Connacht.

O seu palmarés no Torneo das Seis Nacións é de trece vitorias, máis dous Gran Slams en 1948 e 2009 e oito vitorias compartidas, o que fai un total de 21 vitorias (incluídas as que gañou nas dúas últimas edicións de 2014 e 2015). Irlanda tamén participou na Copa do Mundo de Rugby dende o seu comezo, mais nunca pasou dos cuartos de final.

Irlanda fixo a transición de afeccionada a profesional a partir de 1995 e obtivo bos resultados, algo notábel tendo en conta que a illa conta con só 6 millóns de habitantes e o rugby compite con outros deportes de gran tradición como o fútbol e os deportes gaélicos (hurling, camogie e fútbol gaélico).

Hoxe en día, o equipo irlandés está considerado como unha das mellores seleccións nacionais do mundo. O 5 de outubro de 2015 era quinta na clasificación de seleccións nacionais de rugby.

Lugar de interese

editar

(Ireland) Dublin Castle Up Yard.JPG
O Castelo de Dublín é unha fortaleza datada no século XVIII situada en Dame Street, na capital de Irlanda. Hoxe en día acolle diversas oficinas gobernamentais, un centro de conferencias e é unha das principais atraccións turísticas de toda a illa.

No lugar onde hoxe se ergue o castelo actual xa existía unha fortaleza medieval dende os días do rei Xoán I de Inglaterra, o primeiro Señor de Irlanda. Serviu de sede aos posteriores Señores (dende 1171 ata 1541), aos monarcas do Reino de Irlanda (1541 - 1800) e aos gobernadores do Reino Unido de Gran Bretaña e Irlanda (1800 - 1922). Con motivo da creación do Estado Libre Irlandés deixou de ser sede dos gobernos da illa.

Artigos bos e de calidade

editar Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (1): Alzamento de Pascua

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (1): Lady Gregory


Imaxe destacada

editar

A pint of Guinness.jpg
Unha pinta de cervexa irlandesa.
Vexa o artigo Guinness.


...Arquivo
Biografía destacada

editar

Daniel Day-Lewis, Jaguar, Mille Miglia 2013 cropped.jpg
Sir Daniel Michael Blake Day-Lewis, nado en Londres o 29 de abril de 1957, é un prestixioso actor británico nacionalizado irlandés. A pesar de ser recoñecido pola crítica internacional coma un dos actores máis versátiles do seu tempo, non se prodiga demasiado na gran pantalla, escollendo con gran minuciosidade os seus papeis.

Ao longo da súa traxectoria como actor, foi galardoado co Oscar ó mellor actor en tres ocasións polas súas actuacións en O meu pé esquerdo (1989), There Will Be Blood (2007) e Lincoln (2012), feito que o converteu no único actor na historia que gañou o premio tres veces na categoría de actor protagonista e un dos tres actores que posúe tres Oscar. Tamén foi nomeado polos filmes In the Name of the Father (1993) e Gangs of New York (2002).

Sabías que...?

editar

Escudo de Letterkenny.


...Arquivo
Flag of Ireland.svg

Wikiproxecto Conflito Irlandés

Wikimedia Commons

Commons

Wiktionary

no Galizionario

Wikiquote

en Galicitas

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Irlanda&oldid=4674394"