Portal:Islandia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portal Islandia.jpg
Coat of arms of Iceland.svg

Islandia (en islandés: Ísland) é un país insular situado na Dorsal Medio Atlántica, e xeralmente englobada en Europa. A illa está bañada polo océano Atlántico ao sur e ao oeste e polo mar de Noruega ao norte e ao leste. Os territorios máis próximos son Groenlandia ao noroeste, da cal está separada polo estreito de Dinamarca, as Illas Feroe ao sueste e, bastante máis lonxe, a illa norueguesa de Jan Mayen ao nordeste.

Debido á súa localización na Dorsal mesoatlántica, Islandia é unha illa xeoloxicamente activa e con moita actividade volcánica; esta localización é a causante da paisaxe característica islandesa. A paisaxe do interior da illa caracterízase pola presenza de grandes chairas, montañas e glaciares. Grazas á Corrente do Golfo, Islandia posúe un clima menos rigoroso que o que lle correspondería pola súa latitude, e por iso pode desenvolverse a vida na illa.

Islandia está habitada dende o ano 874 cando, segundo o Landnámabók, o xefe noruegués Ingólfur Arnarson converteuse no primeiro habitante permanente da illa. Co paso dos séculos a illa poboouse con xentes de orixe nórdica e céltica. Entre 1262 e 1944 a illa pertenceu ás monarquías norueguesa e dinamarquesa. Até o século XX, a poboación islandesa adicouse principalmente actividades relacionadas coa pesca e a agricultura, non foi até finais deste século cando a economía islandesa comezou a desenvolverse e a virar cara a outras actividades.

Hoxe en día Islandia é un país desenvolvido, o quinto país do mundo en canto a Produto Interior Bruto per cápita e o primeiro, xunto con Noruega, en canto a desenvolvemento humano. A illa é membro da Organización das Nacións Unidas, da Organización do Tratado do Atlántico Norte, do Consello de Europa, da Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico e do Consello Nórdico.

Artigo destacado

editar

Kingdom of Iceland Coat of Arms.svg
O Reino de Islandia (en islandés: Konungsríkið Ísland) foi unha monarquía constitucional establecida o 1 de decembro de 1918 e finalizada en o 17 de xuño de 1944, cando se proclamou a república en Islandia. O reino de Islandia foi sucesor do Estado autónomo islandés e representou a fin da loita pola independencia de Islandia, que fora controlada pola coroa dinamarquesa desde 1380, aínda que formalmente fora unha posesión norueguesa ata 1814.

O Acta de Unión de 1918 estableceu unha unión persoal de Islandia co rei de Dinamarca, quen pasou a ser tamén rei de Islandia. Islandia pasou a ser un Estado soberano, que dispoñía da súa propia bandeira e competencia exclusiva en materia de asuntos lexislativos interiores, exercida a través do parlamento Alþing. Porén, a soberanía islandesa non era total, posto que a xestión das augas territoriais e as relacións internacionais eran dependentes do goberno de Dinamarca.

Durante a súa existencia, o novo reino tivo que facer fronte a varios retos, como a reconstrución da economía trala Primeira Guerra Mundial. A Segunda Guerra Mundial supuxo unha etapa decisiva na historia do país, coa invasión polas forzas británicas. En 1944 nun referendo, os islandeses decidiron poñer fin á unión con Dinamarca, proclamando a república o 17 de xuño dese ano.

Cidade destacada

editar

Reykjavik Coat of Arms.svg
Reiquiavik (en islandésReykjavík[ˈreiːkjaˌviːk] (AFI)Is-Reykjavík.oga escoitar, co significado de baía fumegante) é a capital de Islandia e debido á súa posición é tamén a capital máis setentrional do mundo. Durante o inverno só recibe catro horas de luz solar e durante o verán as noites son tan claras coma o día. A cidade está situada ós 64° 04' de latitude norte, moi preto do círculo polar ártico, nunha zona onde abondan os géyseres. De acordo coa saga, a cidade está emprazada no sitio no que se instalou o primeiro colonizador, Ingólfur Arnarson. En 1786 o asentamento de 302 habitantes converteuse nun municipio e actualmente é a cidade máis poboada do país, con máis da metade da súa poboación.

Cidade totalmente libre de contaminación, cun fermoso lago na súa zona antiga, Reykjavík é un centro bulicioso de comercio e goberno, industria e cultura. Alí atópanse o Parlamento (erixido en 1881), a casa do Goberno (de mediados do século XVIII) ámbolos dous no centro vello de Reykjavík, e os museos, a Universidade e institucións de investigación, as oficinas centrais de comunicación (radio, televisión e periódicos), os teatros profesionais e orquestras, as cortes de xustiza, piscinas ó aire libre e estadios de deportes, liñas marítimas, aéreas e compañías de transporte colectivo, factorías e plantas procesadoras de peixe.

Categorías
Biografía destacada

editar

Eidur Gudjohnsen 10mar2007.jpg
Eiður Smári Guðjohnsen, nado o 15 de setembro de 1978 en Reiquiavik, é un xogador de fútbol islandés, que militou no FC Barcelona. Adoita xogar en posicións ofensivas, e ademais da súa capacidade goleadora tamén conta con certa habilidade para xogar o balón. Está casado con Sveinn Aaron, e ten dous fillos, Daniel Tristan e Andri Lucas.

Con 15 anos recalou nun dos equipos da capital islandesa, o Valur, e posteriormente desenvolveu a súa carreira en equipos como o PSV Eindhoven holandés, o Chelsea F.C. inglés, ou o Futbol Club Barcelona. Ao longo da súa traxectoria ten conseguido numerosos títulos cos clubs nos que xogou, destacando os cinco títulos conseguidos co Barcelona nunha mesma tempada, na que se alzou coa Liga, a Copa do Rei e a Supercopa de España, amais da Liga de Campións e a Supercopa de Europa.

En 1996 debutou como internacional coa Selección de Islandia contra a de Estonia substituíndo ao seu propio pai, Arnór Guðjohnsen, feito inédito no fútbol profesional.

Imaxe destacada

editar

Elliðaey (Breiðafjörður) Iceland M74A1908.jpg
Illa Elliðaey no fiorde Breiðafjörður.
Vexa o artigo Vestfirðir.


Sabías que...?

editar

O Kangchenjunga dende Gangtok.

  • ... a erupción do Eyjafjallajökull (na imaxe) provocou o peche de aeroportos e do espazo aéreo da maior parte do norte e centro de Europa en 2010?
  • ... en 930 fundouse o primeiro estado libre islandés, co Alþingi como principal órgano político, lexislativo e xudicial?
  • ... a poboación de Islandia a principios de 2016 era de tan só 332.529?


Artigos de calidade e bos

editar

Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (0)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0)

Proxectos relacionados

editar

Portal:Islandia/Proxectos relacionados/1

Portais relacionados
Proxectos irmáns
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Islandia&oldid=4648537"