Portal:Vigo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Portal Vigo.jpeg
Coat of Arms of Vigo.svg

Vigo (tamén coñecida como a Cidade olívica) é unha cidade situada no suroeste de Galiza e bañada polo océano Atlántico, nas rías Baixas. Cunha poboación de 294.098 habitantes, Vigo é a cidade máis poboada de Galicia, e a cidade sen rango de capital con máis poboación de España. A súa extensión é de 109,1 km². A densidade de poboación da área sitúase en 2.718 hab/km² aínda que no casco urbano esta se incrementa notablemente. A cidade atópase na beira sur da ría de Vigo na provincia de Pontevedra. Historicamente, pertenceu á comarca de Val do Fragoso, aínda que actualmente constitúe o núcleo da comarca de Vigo.

É un municipio costeiro das Rías Baixas que limita ao norte coa ría á que dá nome (Ría de Vigo), ao nordeste co concello de Redondela, ao leste co de Mos, ao sur cos do Porriño e Gondomar e ao suroeste co concello de Nigrán. Alén da ría e xusto fronte á cidade atópanse as vilas de Cangas e Moaña, a 5 e 3,6 km de distancia, respectivamente.

A cidade constitúe un dos motores económicos de Galicia. Entre os motores da economía de Vigo está a industria automobilística, liderada por PSA Peugeot Citroën, que ten no concello a súa primeira factoría en importancia de Europa. Asemade, son moi importantes a construción naval e o sector pesqueiro, sendo o porto de Vigo o porto pesqueiro máis importante de España.

Artigo destacado

editar

Una piña.jpg
O Real Club Celta Baloncesto, coñecido por motivos de patrocinio como Real Club Celta Zorka é un club de baloncesto femenino con sede na cidade de Vigo. O club foi fundado no verán de 1996 logo da adquisición da praza do Juventud Astur (Aucalsa) de Oviedo. Xa no ano da súa fundación o equipo conseguiu o seu primeiro título nacional, a Copa Galicia.

O Real Club Celta Baloncesto é o equipo de baloncesto máis laureado de Galiza, tanto en categoría masculina como na feminina, e é un dos equipos máis laureados do baloncesto feminino español aínda en funcionamento. O club gañou a Liga Feminina (LF) en cinco ocasións (conseguindo tamén seis subcampionatos), tamén gañou catro veces a Copa da Raíña (amáis de conseguir cinco subcampionatos), por outra banda conseguiu 12 campionatos da Copa Galicia, sendo o equipo máis laureado da competición.

Logo de competir durante boa parte da súa historia na máxima categoría do baloncesto feminino español (a LF), na tempada 2011-12 descendeu á segunda categoría, a LF-2, na que compite dende a tempada 2012-13.

Lugar de interese

editar

Teatro García Barbón.jpg
O Teatro García Barbón é un teatro da cidade de Vigo. Constitúe unha das obras arquitectónicas máis emblemáticas da cidade olívica. É propiedade da entidade bancaria ABANCA e ten capacidade para algo menos de 1.000 espectadores.

O actual Teatro García Barbón ten a súa orixe no Teatro Rosalía de Castro, desaparecido polo lume no mes de febreiro de 1910, que estaba localizado no mesmo emprazamento e cuxos derradeiros propietarios foron os herdeiros de Xosé García Barbón. Logo do lume as sobriñas de García Barbón encargaron un ambicioso proxecto de complexo cultural ao arquitecto Antonio Palacios, que foi realizado entre 1913 e 1927, sendo inaugurado o 23 de abril dese ano.

En 1970 foi adquirido pola Caja de Ahorros de Vigo (despois Caixanova, logo Novacaixagalicia e finalmente Afundación)

A parte exterior do teatro foi construída en bloques de granito nun estilo neobarroco dentro da corrente modernista de comezos do século XX.

Imaxe destacada

editar

Parquedocastro.jpg
Entrada ao Monte do Castro coa "Cruz dos Caídos".
Vexa o artigo fortaleza do Castro.


Categorías
Biografía destacada

editar

Portal:Vigo/Biografía destacada/1

Sabías que...?

editar

Portal:Vigo/Sabías que.../1

Artigos de calidade e bos

editar

Nuvola filesystems services.svg Artigos de calidade (1)

Crystal Clear action bookmark Silver.png Artigos bos (0)


Portais relacionados
Proxectos irmáns
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Portal:Vigo&oldid=4404369"