Porto Santo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Porto Santo
Vista da illa
Mapa Porto Santo.JPG
Datos
Capital Vila Baleira
País Portugal
Localización Océano Atlántico
Arquipélago Arquipélago de Madeira
Linguas Portugues
Poboación (2001) 4.474 hab.
Superficie 42´17 km²
Densidade
Coordenadas 33°3′43″N 16°21′23″O / 33.06194, -16.35639
Maior Altura 517 m. Pico do Facho
Localización
Localización da illa

Porto Santo (Portugal) foi descuberta en 1418 por João Gonçalves Zarco, está situada a 40 km ao nordeste de Madeira. A Illa sobresae pola súa esplendida praia de area dourada de case 10 km.

A súa capital é Vila Baleira, onde viviu Cristovo Colón, hoxe en día esa casa é o Museo Cristovo Colón.

A illa presenta unha árida paisaxe lunar de gran beleza, o seu clima mantense seco e estable case todo o ano, polo que é posible bañarse nas súas tépedas augas todo o ano, a illa está salpicada por muíños de vento.

Ademais da súa praia outro punto de interese é o Pico do Castelo, en cuxa cima foi construída unha pequena fortaleza, no século XVII, para facer fronte ás frecuentes invasións dos piratas.

A viaxe entre Madeira e Porto Santo pódese facer en avión desde o aeroporto Internacional de Madeira ao Aeroporto de Porto Santo, tamén en barco desde o porto de Funchal ata Porto Santo.

Sitios Turísticos[editar | editar a fonte]

Vista aérea de Porto Santo.
  • Pico do Castelo
  • Pico do Facho
  • Fonte de Area
  • Ponta da Calheta
  • A Pedeira

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Porto_Santo&oldid=4035069"