Porto de Ferrol

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Porto de Ferrol
Porto de Ferrol.JPG
Peiraos comerciais do porto
Flag maritime ferrol.svg
Contrasinal marítimo da provincia marítima de Ferrol á que pertence.
Localización
País Galicia Galicia
Cidade Ferrol
Detalles
Dirixido por Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao
Propietario Portos do Estado
Tipo Comercial
Tamaño 280 239 m²
Embarcadoiros 1.477,8 m
Empregados 80
Presidente José Manuel Vilariño
Capacidade de almacenamento 28 697 m²
Estatísticas
Tonelaxe 12,2 millóns de toneladas (2017)[1]
Ingresos 17,2 millóns de euros (2016)
Beneficios 4,2 millóns de euros
Principais importacións Carbón, chatarra
Principais exportacións Maquinaria, madeira, peixe
Tráfico ferroviario Vagóns de carga.
http://www.apfsc.com
Vista xeral.

O Porto de Ferrol, matrícula de provincia marítima FE, é un porto militar, pesqueiro, comercial, de pasaxeiros e deportivo da cidade de Ferrol, Galiza.

Consiste nunhas instalacións no interior da Ría de Ferrol e outras en construción no exterior da mesma ría. É un porto moi especializado nas mercadorías en granel: carbón para a térmica das Pontes, chatarra para Megasa, madeira e derivados, exportación de maquinaria como aeroxeradores e pezas para os mesmos ou papel prensa transportado en tren. Existe unha lonxa de peixe en fresco cunha flota pesqueira de baixura. Tamén hai porto deportivo en Curuxeiras e nos meses de verán chegan ao porto cruceiros turísticos. O porto tamén ten terminar propia de carga ferroviaria.

Ría de Ferrol[editar | editar a fonte]

Na ría de Ferrol ademais das instalacións do porto existen outras instalacións portuarias:

  • En A Graña instalacións militares para aprovisionamento dos buques da Armada Española.
  • Esteleiros Navantia, Ferrol. Antiga Bazán, construción de buques militares, reparacións de buques militares e civís.
  • Navanta Fene, Antiga Astano. Construción naval e reparación de buques.
  • Forestal do Atlántico (Grupo Tojeiro), porto para graneles da empresa xunto ás cales están as instalacións de Reganosa.
  • Porto de Mugardos. Instalacións pesqueiras para pequenos buques.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

  1. https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ferrol/ferrol/2017/12/05/puerto-ferrol-cierra-noviembre-12-millones-toneladas-movidas/00031512475321100467260.htm El Puerto de Ferrol cierra noviembre con más de 12 millones de toneladas movidas
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Porto_de_Ferrol&oldid=4785715"