Potencia intermedia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Mapa reflectindo as categorías do poder nas relacións internacionais.      Países frecuentemente considerados Superpotencias      Países frecuentemente considerados Grandes potencias      Países frecuentemente considerados Potencias rexionais      Países freciuentemente considerados Potencias intermedias.

Potencia intermedia ou potencia media é un termo empregado no campo das relacións internacionais para describir os estados que non son superpotencias ou grandes potencias, mais que aínda así teñen influencia internacional.[1] Non hai ningunha definición específica de que os países poidan ser potencias intermedias.

Globalmente[editar | editar a fonte]

Economicamente, as potencias intermedias son xeralmente aquelas nacións que teñen influencia sobre outros países mais non son consideradas grandes potencias. Por exemplo, moitas veces as medias potencias son descritas como as trinta mellores economías do mundo. Porén, a economía non sempre é considerada o factor de definición.

Por baixo do sentido orixinal do termo, unha potencia intermedia é aquela que ten algún grao de influencia global, mais que non posúe dominancia sobre calquera área. Porén, este termo non é universal, e algúns definen o termo potencia intermedia para incluír nacións que poden ser consideradas como potencias rexionais. Os dous termos son ás veces usados de modo intercambiable, aínda que as súas definicións non sexan estritamente as mesmas.

Potencias intermedias[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Adam Chapnick, The Middle Power.
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Potencia_intermedia&oldid=4868292"