Poulo, Ordes

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Poulo
Igrexa de Poulo, Ordes.JPG
Igrexa de San Xulián de Poulo.
ConcelloOrdes
Poboación333 hab. (2013)
Entidades de poboación9

San Xulián de Poulo é unha parroquia que se localiza no leste do concello de Ordes. Segundo o IGE en 2013 tiña 333 habitantes (167 mulleres e 166 homes) distribuídos en 9 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 353 habitantes.

Historia[editar | editar a fonte]

Na aldea de Carballo apareceron restos de canalizacións da época romana. Na aldea das Pardiñas atópanse restos dun poboado castrexo, o único do concello de Ordes no que aínda se conservan parte das edificacións.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

Na parroquia hai unha vivenda dun andar con teito a dúas augas. Na fachada ten unha inscrición na pedra, xunto á porta de entrada, na que se di que o rei Filipe II de España pasou alí unha noite no ano 1554. Hai dúas versións acerca da noite real: unha di que o rei viaxaba da Coruña a Santiago de Compostela por motivos reais ou relixiosos; outra indica que o rei se dirixía á Coruña para tomar un barco con destino a Gran Bretaña. Tampouco está claro se a parada foi improvisada por mor das condicións meteorolóxicas, ou se estaba xa planificada e a casa xa se acondicionara para recibir o soberano.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Poulo[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Poulo no concello de Ordes (A Coruña)

Blanca | A Calle | A Costa | Lavandeira de Baixo | Lavandeira de Riba | O Outeiro | As Pardiñas | O Piñeiro | A Senra

Parroquias de Ordes[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Ordes

Ardemil (San Pedro) | Barbeiros (Santa María) | Beán (Santa María) | Buscás (San Paio) | Leira (Santa María) | Lesta (Santo André) | Mercurín (San Clemente) | Ordes (Santa María) | Parada (Santa Mariña) | Pereira (Santaia) | Poulo (San Xulián) | Santa Cruz de Montaos (Santa Cruz) | Vilamaior (Santiago)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Poulo,_Ordes&oldid=4439635"