Principado de Capua

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Príncipe de Capua")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

O principado de Capua foi un estado autónomo da |Italia meridional xurdido no 900. Ocupaba grosso modo os confíns da provincia napolitana de Terra de Lavoro.

A península italiana polo ano 1000.

Época longobarda[editar | editar a fonte]

Tras a caída do Imperio Romano, Capua foi devastada polos godos e polos vándalos, converténdose finalmente nun condado do Ducado de Benevento. No transcurso dunha loita de sucesión no Ducado, unha banda de sarracenos, a soldo de Radelchis I de Benevento e mandada polo bérber Halfun, saqueou e destruíu a cidade (841), obrigando á poboación a fuxir. A poboación abandonou a cidade en ruínas e refuxiouse primeiro en Sicopoli e, no 856, na beira do río Volturno, no lugar onde estaba o porto fluvial romano de Casilinum. Así se fundou a "Nova Capua", continuación histórica e natural da antiga Capua osco-campana.

No 899 o Conde Atenulfo I, conquista Benevento anunciándoa xuridicamente inseparábel de Capua, e no 900 obtén o título de príncipe de Capua, elevando así o seu feudo; introduciu tamén a correxencia, concepto polo cal os fillos eran asociados ao goberno polos pais; o Principado Capuano converteuse ben logo nun estado autónomo dentro do Sacro Imperio Romano, estendéndose sobre toda a Terra de Lavoro ata o límite norte limitado polo río Garigliano, dominando sobre vilas e burgos estratéxicos, cales Caserta, Teano, Sessa, Venafro e Carinola; ao medrar o seu poder ulteriormente, chegou a dominar tamén o Ducado de Nápoles, Monte Cassino, sede dunha importante abadía, e Gaeta, opulento porto tirrénico.

Cara a finais do século X, Capua acada o seu apoxeo: o príncipe Pandulfo I Testadiferro (961 - 981), coa conquista do Principado de Salerno (978), reunificou por primeira vez os dominios da Italia longobarda meridional, chamada Langobardia Minor; ademais ao ter axudado ao Papa Xoán XIII, exiliado de Roma entre o 965 e o 966, obtén a elevación de Metropolitana para a Igrexa Capuana.

O ano 1059 representa o fin do potente principado longobardo, o conde normando de Aversa Ricardo I Drengot-Quarrel, conquístao.

Baixo o dominio longobardo, o Principado mantiña relacións diplomáticas anómalas: malia ser unha entidade estatal semidependente do Imperio, permanecía favorábel á política exterior de Bizancio.

Elenco dos Señores de Capua e cronoloxía esencial[editar | editar a fonte]

Aparece aquí a listaxe cronolóxica dos Señores de Capua, desde o Condado ao Principado, longobardo primeiro e normando despois.

Condado de Capua (longobardos)[editar | editar a fonte]

  • Landulfo I (840 - 842).
    • 841, saqueo e destrución de Capua Vella polos sarracenos.
  • Landón I (842 - 861), fillo de Landulfo I.
    • 856, fundación de Capua Nova sobre as ruínas de Casilinum, nova capital do condado.
  • Landón II (861), fillo de Landón I.
  • Pandón (861 - 862).
  • Pandenulfo (862), fillo de Landón I.
  • Landulfo II (862 - 879).
  • Pandenulfo (879 - 882), segundo período de rexencia.
  • Landón III (882 - 885), fillo de Landón II.
  • Landenulfo I de Teano (885 - 887), probábel parente de Landón III.

Principado longobardo de Capua[editar | editar a fonte]

No 1059 o Principado foi conquistado polos normandos.

Principado normando de Capua[editar | editar a fonte]

  • Ricardo Drengot Quarrel, conde de Aversa (1058 - 1078).
No 1058 Ricardo conquistou o Principado de Capua e desde aquel momento o título de conde de Aversa foi incluído entre os propios dos príncipes de Capua.

No 1156 o Principado de Capua sofre a definitiva absorción por parte do Reino de Sicilia.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Principado_de_Capua&oldid=4807117"