Príncipe de Orange

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Brasón dos Príncipes de Orange.

Príncipe de Orange é un título aristocrático orixinalmente francés, asociado ao principado do mesmo nome, co seu territorio no val do Ródano, no sur de Francia. O príncipe de Orange era vasalo do Ducado de Borgoña e máis tarde do Sacro Imperio Romano Xermánico.

O último descendente dos príncipes de Orange da casa de Baux foi Renato de Chalon, que foi sucedido polo seu curmán adolescente Guillerme IX, conde de Nassau, que máis, coñecido como Guillerme o Taciturno, sería o gran impulsor da independencia dos Países Baixos.

A partir de entón, o principado de Orange quedou asociado á historia dos Países Baixos, sendo un dos títulos da casa real dos Países Baixos.



Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre historia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Príncipe_de_Orange&oldid=4344441"