Praia do Orzán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Praia do Orzán
Praia orzan.jpg
Praia do Orzán.
43°22′11.71″N 8°24′22.24″O / 43.3699194, -8.4061778Coordenadas: 43°22′11.71″N 8°24′22.24″O / 43.3699194, -8.4061778
Blue Flag Logo.svg Posto de primeiros auxilios Accesible a discapacitados
Características xerais
Lonxitude780 m
Grao de ocupaciónAlta
Grao de urbanizaciónUrbana
Paseo marítimoYes check.svg
Características específicas
Condicións do bañoYes check.svg
Aspectos medioambientais
Bandeira AzulSi
Seguridade
Equipo de vixilanciaSi
Sinalización do perigoSi
Policía localSi
Equipo de salvamentoSi
Accesibilidade
Accesible a discapacitadosYes check.svg
Sinalización do accesoYes check.svg

A praia do Orzán é unha praia urbana da cidade da Coruña situada na enseada do Orzán, xunto ao paseo marítimo.

Características[editar | editar a fonte]

Conta con aseos públicos, duchas, vixilancia, aparcadoiro, posto de socorro e acceso para discapacitados. Está prohibida a entrada con animais.

É habitual a práctica do surf e bodyboard cando as condicións meteorolóxicas son as axeitadas, marea baixa e vento do sueste. Celébranse diversos campionatos ó longo do ano, como son unha proba do circuíto galego de surf.

As liñas do bus que ata aló chegan son a 3A, a 4, a 6, a 6A e a 11.

Historia[editar | editar a fonte]

Ao longo da historia, a praia do Orzán foi testemuña de afogamentos e de actos de heroísmo que impresionaron a cidade. En 2013 inaugurouse na coiraza do Caramanchón un monumento a algunhas destas persoas:[1][2]

  • O 9 de agosto de 1896 faleceu o neno Juan Darriba, de 11 anos, por salvar a Josefa Fernández.
  • O 25 de agosto de 1897 faleceu o carpinteiro Francisco Alcaraz cando intentaba salvar tres mulleres.
  • O 27 de xaneiro de 2012 faleceron os policías José Antonio Villamor, Rodrigo Maseda e Javier López López cando intentaban rescartar un estudante eslovaco, que tamén faleceu.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

  1. El Orzán ya recuerda a sus héroes con un monumento un año después
  2. Hoy también es el día de Juanito y de Alcaraz
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Praia_do_Orzán&oldid=4906989"