Praza Maior de Ourense

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Esta praza foi durante séculos o corazón do Casco Histórico da cidade de Ourense, e na actualidade continúa sendo o principal centro de encontro desta. Destaca porque o chan destaca pola súa inclinación cara o lado do concello, é a única praza romana de Europa que conta con esta característica.

Un pouco de historia[editar | editar a fonte]

Antigamente coñecida como Praza do Campo, creouse no século XII pero non foi hasta os séculos XVI e XVII cando comezou a cobrar importancia na cidade, ca reforma urbana en Ourense,ca construción de novas vivendas, hospitais, empedrado das calles, novos edificios públicos como a Casa Consistorial (levantada a comezos do século XVI e reformada a finais do século XVII) e a ermida dos Santos Cosme e Damián onde se situaba a escola de primeiras letras.

Obras arquitectónicas da praza[editar | editar a fonte]

Praza maior (na actualidade)
Praza Maior

Nesta praza atopamos algunhas das principais obras romanas da cidade de Ourense. No lateral que non está ocupado por soportais atópase a fachada da Casa Consistorial (actualmente Casa do Concello), obra de José Antonio Queralt Rauret, a finais do século XIX. Conta cunha fachada clasicista, cun baixo cun pórtico, balcón no primeiro andas e remate con brasón que é unha representación gráfica con forma de escudo, neste caso o da cidade de Ourense e remata cunha pequena torre do reloxo.

Ao lado temos o antigo palacio Episcopal, que agora é o museo arqueolóxico. É o edificio de estilo románico máis completo da cidade, a súa estrutura conta con elementos romanos, góticos, renacentistas, barrocos e modernos, comezouse a construír no século XII e foi moi relevante na organización urbana do Ourense medievo.

Casa Fermín García

Os outro tres laterais contan con soportais e forman o “Espolón” que é como se coñece o antigo paseo da nobreza, para a tertulia. Sobre isto atopamos vivendas dos séculos XVII e XIX, entre elas a casa de Fermín Garcia, deseño de Daniel Vázquez Gulías, arquitecto que contribuíu ao urbanismo e a transformación da cidade de ourense, mediante os encargos da burguesía da época. Hoxe é un espazo de exposición, adornado cun toque de modernismo.

Eventos[editar | editar a fonte]

  • Antigamente realizábase cada ano a feira de San Martiño, que duraba do 1 ao 15 de novembro. Os veciños prestaban os soportais aos mercaredes para que expuxeran os seus produtos.
  • Na actualidade segue sendo un dos lugares centrais de celebración de acontecementos lúdicos da cidade, como as festas de Ourense que veñen grandes cantantes e músicos do país a actuar na praza. Ademais dun espazo para a manifestación dos ourensáns

Referencias[editar | editar a fonte]

[1]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Praza_Maior_de_Ourense&oldid=5232099"