Plaza Mayor de Salamanca

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Praza Maior de Salamanca")
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Coordenadas: 40°57′54″N 5°39′51″O / 40.96500, -5.66417

Plaza Mayor de Salamanca

A Plaza Mayor de Salamanca é un espazo urbano construído como praza maior que co tempo converteuse no centro da vida social da cidade.

Foi construída no período que vai desde o ano 1729 ao 1756, en estilo barroco. O deseño é do arquitecto Alberto Churriguera (pavillóns Real e de San Martín) e posteriormente continuada por outros con poucas modificacións respecto ao proxecto inicial. A comezos do século XIX sufriu diversas remodelacións urbanísticas, ata que aos poucos a mediados do século XX foi desprovista dos seus xardíns, quiosco de música central e urinarios públicos para quedar diáfana.

Foi declarada Ben de Interese Cultural con categoría de Monumento o 21 de decembro de 1973, publicándose no BOE o 23 de xaneiro de 1974.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Plaza_Mayor_de_Salamanca&oldid=4833171"