Praza de María Pita

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Coordenadas: 43°22′15″N 8°23′45″O / 43.370934, -8.395910

Praza de María Pita
Concello da Coruña
Spain A CorunaTownHall.jpg
Pazo do Concello
Tipoloxía praza
Titular da vía Concello da Coruña
Dimensións
Lonxitude 99,5 m
Largura 120 m
Área 11144
Formato rectangular
Localización
Localidade A Coruña
Código postal 15001
Cómo chegar
Bus Linea1.jpg Cor1A.jpg Linea2.jpg Cor2A.jpg Cor3A.jpg Cor17.jpg Cor23.jpg Cor23A.jpg
Taxi Porta Real

A praza de María Pita é o centro neurálxico da cidade da Coruña, e nela atópase a casa consistorial no palacio de María Pita.[1]

Historia[editar | editar a fonte]

A praza foi proxectada polo arquitecto Juan de Ciórraga en 1877[2] tralo derrubamento da muralla co fin de resolver o paso da cidade vella á Pescadería. O recinto foi pavimentado en 1936 e asfaltado na década de 1950 durante o mandato como alcalde de Alfonso Molina. Na década seguinte permitiuse o estacionamento, que non se suprimiu ata 1987, coa construción do aparcadoiro subterráneo e o túnel que implicou a peonalización.[3][4]

Antigamente recibiu o nome de praza de Alesón, Liberdade e Derribo.[5]

Descrición[editar | editar a fonte]

A praza forma un gran rectángulo de máis de 10 000 . Nunha das súas frontes atópase o palacio do concello, rodeado polas outras tres partes por edificios porticados e culminados cunhas espléndidas galerías, típicas da arquitectura galega.

O contorno complétase coa estatua a María Pita, que preside a praza mirando cara á casa consistorial. A súa realización e colocación na praza tivo lugar en 1998.[6]

Baixo os soportais dos edificios atópanse diferentes locais de hostalería como bares, cafeterías e restaurantes. No exterior destes soportais existen dende 2002[7] unhas terrazas pechadas e acristaladas para a utilización destes locais que levantaron moita polémica na súa colocación polo impacto estético que supón a súa presenza para o contorno monumental da praza.[8]

Galería[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Martínez Suárez, X. L. (1993). A praza de María Pita. Vigo. Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. ISBN 84-85665-23-6. 

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Praza_de_María_Pita&oldid=4735453"