Praza Pública
Praza Pública O xornal da Galicia que vén |
|
---|---|
Tipo | Dixital |
Fundación | 1 de febreiro de 2012 |
Empresa editora | Fundación Praza Pública |
Director | David Lombao |
Tendencia | Progresista |
Lingua | galego |
Localidade | A Coruña |
Ámbito | Galicia |
Na rede | |
Web | |
Twitter @prazapublica | |
Praza Pública é un xornal dixital en galego que comezou a editarse o 1 de febreiro de 2012[1]. Actualmente é o segundo diario dixital de información xeral en galego por audiencia, detrás de Galicia Confidencial[2].
Traxectoria[editar | editar a fonte]

É editado pola Fundación Praza Pública, entidade sen ánimo de lucro declarada de interese público[3] e cuxo financiamento depende das achegas periódicas ou puntuais da cidadanía e da publicidade inserida no xornal. Foi presentado o 31 de xaneiro de 2012 no Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela expoñendo nese acto a base da súa liña editorial, a transparencia, tanto na xestión económica coma na informativa[1].
O xornal desenvólvese usando unicamente software libre e o 8 de febreiro do 2012 liberou todo o código fonte das ferramentas para a súa creación e soporte, algunhas delas desenvolvidas pola empresa galega A navalla suíza e outras xa existentes na rede.[4]
No seu inicio, o traballo xornalístico remunerado corría a cargo de tres persoas: Marcos Pérez Pena, David Lombao e máis Lara Graña. Tras a marcha de Lara Graña incorporouse ao equipo o xornalista Miguel Pardo.
Difunde anualmente informes de transparencia sobre a súa situación organizativa, social, económica e de audiencia, mostrando os datos económicos desagregados por ingresos e gastos de cada mes.[5]
Redes sociais e comunidade[editar | editar a fonte]
Desde a súa creación, o diario Praza Pública apostou polas redes sociais. Así, en marzo de 2018 a súa comunidade ascendía a máis de 40.000 persoas entre Facebook, Twitter e YouTube. Na portada mantén a sección Fálase de..., dedicada a compartir mensaxes curtas de noticias de última hora, vídeos, fotografías ou noticias de medios asociados como eldiario.es, Nós televisión ou outros.
Tamén conta coa sección Obradoiro[6], unha comunidade de blogs asociados especializados en tecnoloxía, crítica literaria, ecoloxismo, política, lingua, cociña ou opinión.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ 1,01,1 Ponse en marcha Praza Pública apostando por dous conceptos clave: a transparencia e a lingua galega
- ↑ "Top 50 de webs en galego". Código Cero. Consultado o 08/03/2018.
- ↑ "Achegas - Que sustenta Praza?". Consultado o 08/03/2018.
É unha fundación sen ánimo de lucro [...]. Constituíuse en maio de 2012 está rexistrada como fundación de interese galego.
- ↑ O código fonte de Praza, liberado
- ↑ Informes de transparencia en Praza Pública
- ↑ Sección Obradoiro de Praza Pública
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Praza Pública ![]() |