Premio Nacional de Literatura

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

O Premio Nacional de Literatura foi un galardón outorgado pola Xunta de Galicia e concedido por un xurado de quince persoas de distintos ámbitos da cultura galega, como un dos dez Premios Nacionais da Cultura Galega.

Os premios concedéronse a creadores vivos que destacasen ese ano polo seu labor neste campo artístico da literatura, ou en recoñecemento a unha traxectoria. O premio convocouse unicamente en 2008, edición na que os galardoados recibiron 15.000 euros de premio.

Aínda que con vocación de continuidade, a mudanza de goberno producida en 2009 supuxo a interrupción da convocatoria. Ao creárense en 2010 os Premios da Cultura Galega definiuse como continuadora a categoría Premio Cultura Galega das Letras.

Premiados[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Premio_Nacional_de_Literatura&oldid=4806810"