Premio Pulitzer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca

Os Premios Pulitzer son unha serie de 21 galardóns que abranguen as modalidades de teatro, literatura, música e xornalismo, e que se entregan cada ano arredor do mes de abril nos Estados Unidos, sendo a máxima distinción á tarefa profesional do xornalismo naquel país.

Historia[editar | editar a fonte]

Medallas de ouro gañadas polo Servizo Público

No seu testamento, redactado en 1904, Joseph Pulitzer chama á creación deste premio co obxectivo de estimular a excelencia. El menciona nese momento soamente trece premios, dos que catro eran para o xornalismo, catro para o dominio da literatura e o teatro e un para a educación. Sensible ós cambios da súa época, Pulitzer constituíu unha comisión de vixilancia consultiva e deulle o poder de substituír certos temas, sempre que a comisión xulgue que iso íría en beneficio do público. Deulle igualmente o dereito de non outorgar o premio se ningunha obra corresponde ós criterios de excelencia do xurado.

Conforme a vontade de Pulitzer, é o presidente da Universidade de Columbia quen anuncia e outorga os premios segundo recomendación do xurado. Pero en realidade, a comisión actualmente é independente e decide soa a atribución dos premios.

Os premios concedéronse por primeira vez o día 4 de xuño de 1917. Desde aquela foron ininterrompidamente outorgados pola Universidade de Columbia en colaboración co Padroado do Premio Pulitzer (Pulitzer Prize Board). Desde hai anos outórganse durante o mes de abril. O premio á mellor fotografía de prensa concedeuse por primeira vez no ano 1942, e o premio á mellor composición musical no ano 1943. Entre os anos 1970 e 1979 creáronse os premios de ensaio, crítica e ficción literaria.

Só as reportaxes e fotografías de diarios (ou noticiarios diarios) con sede central nos Estados Unidos poden ser propostos coma candidatos ós premios na categoría de xornalismo.

O premio vai acompañado dun cheque de 10.000 dólares (USD), agás o Premio ó Servizo Público - o máis importante - ó que se lle outorga a medalla de ouro.

Categorías[editar | editar a fonte]

Joseph Pulitzer

Estas son as categorías da edición do 2005:

  • Servizo Público - Por un exemplo distinguido de diario cun meritorio e destacado servizo público a través do uso dos seus recursos xornalísticos, que poden incluír editoriais, tiras cómicas, e fotografías, así como tamén os artigos e reportaxes.
  • Reportaxe Divulgativa - Por un exemplo destacado de reportaxe ilustrativa sobre un tema complexo e significado, demostrando dominio da temática, escritura lúcida e clara presentación.
  • Editorial - Por un editorial destacado, con excelentes textos e sonoridade, estilo claro, propósitos morais, e poder de influencia na opinión pública.
  • Reportaxe de Impacto -Por un exemplo destacado de reportaxe de impacto caracterizada por un seguimento detallado e mantido sobre unha actividade ou tema concreto.
  • Artigo de Fondo - Por un exemplo distinguido de artigo de fondo dando consideración prioritaria á elevada calidade literaria e á orixinalidade.
  • Reportaxes de Noticias de Última Hora - Para un exemplo destacado de reportaxe de ámbito local sobre noticias de última hora.
  • Fotografías de Noticias de Última Hora - Por un exemplo destacado de fotografías en branco e negro ou cor sobre noticias de última hora, que poden consistir nunha ou varías fotografías, unha secuencia ou un álbum.
  • Periodismo Nacional - Por un exemplo destacado de reportaxe sobre asuntos internos dos Estados Unidos.
  • Xornalismo Internacional - Por un exemplo distinguido de reportaxe sobre asuntos internacionais, incluíndo a correspondencia coa Organización das Nacións Unidas (ONU).
  • Periodismo de Investigación - Por un exemplo destacado de reportaxe de investigación individual ou dun equipo de traballo, presentado coma un artigo illado ou coma unha serie de artigos.
  • Fotografía de Reportaxe - Por un exemplo distinguido de fotografía en branco e negro ou cor, que pode consistir nunha fotografía ou fotografías, unha secuencia ou un álbum sobre unha temática de fondo.
  • Crónica - Por unha crónica destacada.
  • Crítica - Por unha crítica destacada.
  • Caricatura Editorial - Por unha distinguida caricatura ou tira cómica ou compilación de tiras publicadas durante o ano, caracterizadas pola orixinalidade, eficacia editorial, calidade dos debuxos, e efectos pictóricos.

Existen tamén cinco categorías para as letras:

  • Biografía o Autobiografía - Para unha distinguida biografía ou autobiografía de autor estadounidense.
  • Obras Literarias de Ficción - Para unha obra de ficción distinguida dun autor estadounidense, preferentemente relacionada coa vida nos Estados Unidos.
  • Obras de Ámbito Xeral e Non Ficción - Para unha obra distinguida de non-ficción dun autor estadounidense que non pode concursar noutra categoría.
  • Historia - Para unha obra distinguida sobre a historia dos Estados Unidos.
  • Poesía - Para un volume enteiro que conteña un verso orixinal distinguido dun autor estadounidense.

En humanística hai dous categorías máis que se engadiron recentemente:

  • Teatro
  • Música

Tamén houbo moitos Premios Pulitzer especiais. Ademais dos premios, catro membros do estudantado da Pulitzer Graduate School of Journalism, seleccionados polo profesorado, son premiados con bolsas de viaxe.

Os novos tempos[editar | editar a fonte]

A xunta que entrega todos os anos o Premio Pulitzer como distinción xornalística —en vista de que os diarios usan cada vez máis internet para divulgar, apoiar e destacar o seu traballo— outorgou a partir do 2006 un premio ós traballos publicados na internet.

A categoría de Servizo Público, considerada a de maior prestixio, xa aceptou material de internet desde 1999. Esta categoría continuará aceptando varios tipos de traballo por internet, coa inclusión de vídeo, bases de datos e cronoloxías. A novidade radica en que as outras 13 categorías de xornalismo permitiron contido da rede por primeira vez. Os Premios Pulitzer de 2006 foron anunciados o 17 de abril.

Premios que xa non se outorgan[editar | editar a fonte]

Ó longo dos anos, algúns premios deixáronse de outorgar, ben porque se expandiron ou renomearon, ou ben porque quedaron obsoletos polos adiantos tecnolóxicos. Eran os premios de:

  • Correspondencia Postal
  • Xornalismo Divulgativo (pasou a ser o de Reportaxe Divulgativa)
  • Reportaxes de Ámbito Xeral
  • Reportaxes de Noticias Locais
  • Reportaxes Locais de Investigación Especializada
  • Xornalismo Local
  • Reportaxes Locais, a tempo para Edición
  • Reportaxes Locais, a destempo para a Edición
  • Fotografía (pasou a ser o de Fotografía de Reportaxe)
  • Reportaxes Internacionais por Telégrafo (pasou a ser o de Xornalismo de Asuntos Internacionais)
  • Reportaxes Nacionais (pasou a ser o de Xornalismo Nacional)
  • Novela (pasou a ser o de Obras Literarias de Ficción)

Lista de persoas premiadas[editar | editar a fonte]

Novela[editar | editar a fonte]

  • 1918: Ernest Poole (His Family)
  • 1919: Booth Tarkington (The Magnificent Ambersons)
  • 1920: non concedido
  • 1921: Edith Wharton (A idade da inocencia)[1]
  • 1922: Booth Tarkington (Alice Adams)
  • 1923: Willa Cather (One of Ours)
  • 1924: Margaret Wilson (The Able McLaughlins)
  • 1925: Edna Ferber (So Big)
  • 1926: Sinclair Lewis (Arrowsmith)
  • 1927: Louis Bromfield (Early Autumn)
  • 1928: Thornton Wilder (The Bridge of San Luis Rey)
  • 1929: Julia Peterkin (Scarlet Sister Mary)
  • 1930: Oliver La Farge (Laughing Boy)
  • 1931: Margaret Ayer Barnes (Years of Grace)
  • 1932: Pearl S. Buck (The Good Earth )
  • 1933: Thomas Sigismund Stribling (The Store)
  • 1934: Caroline Miller (Lamb in His Bosom)
  • 1935: Josephine Winslow Johnson (Now in November)
  • 1936: Harold L. Davis (Honey in the Horn)
  • 1937: Margaret Mitchell (Gone with the Wind )
  • 1938: John Phillips Marquand (The Late George Apley)
  • 1939: Marjorie Kinnan Rawlings (The Yearling)
  • 1940: John Steinbeck (The Grapes of Wrath)
  • 1941: non concedido
  • 1942: Ellen Glasgow (In This Our Life)
  • 1943: Upton Sinclair (Dragon's teeth)
  • 1944: Martin Flavin (Journey in the Dark)
  • 1945: John Hersey (A Bell for Adano)
  • 1946: non concedido
  • 1947: Robert Penn Warren (All the King's Men)
  • 1948: James A. Michener (Tales of the South Pacific)
  • 1949: James Gould Cozzens (Guard of Honor)
  • 1950: Alfred Bertram Guthrie, Jr. (The Way West)
  • 1951: Conrad Richter (The Town)
  • 1952: Herman Wouk (The Caine Mutiny)
  • 1953: Ernest Hemingway (O vello e o mar)[2]
  • 1954: non concedido
  • 1955: William Faulkner (A Fable)
  • 1956: MacKinlay Kantor (Andersonville)
  • 1957: non concedido
  • 1958: James Agee (A Death In The Family,)
  • 1959: Robert Lewis Taylor (The Travels of Jaimie McPheeters)
  • 1960: Allen Drury (Advise and Consent)
  • 1961: Harper Lee (Matar un ruiseñor)
  • 1962: Edwin O'Connor (The Edge of Sadness)
  • 1963: William Faulkner (The Reivers)
  • 1964: non concedido
  • 1965: Shirley Ann Grau (The Keepers of the House)
  • 1966: Katherine Anne Porter (The Collected Stories of Katherine Anne Porter)
  • 1967: Bernard Malamud (The Fixer)
  • 1968: William Styron (The Confessions of Nat Turner)
  • 1969: Navarre Scott Momaday (House Made of Dawn)
  • 1970: Jean Stafford (Collected Stories)
  • 1971: non concedido
  • 1972: Wallace Stegner (Angle of Repose)
  • 1973: Eudora Welty (The Optimist's Daughter)
  • 1974: non concedido
  • 1975: Michael Shaara (The Killer Angels)
  • 1976: Saul Bellow (Humboldt's Gift)
  • 1977: non concedido
  • 1978: James Alan McPherson (Elbow Room)
  • 1979: John Cheever (The Stories of John Cheever)
  • 1980: Norman Mailer (The Executioner's Song)
  • 1981: John Kennedy Toole (A conxura dos necios)[3]
  • 1982: John Updike (Rabbit Is Rich)
  • 1983: Alice Walker (The Color Purple)
  • 1984: William Kennedy (Ironweed)
  • 1985: Alison Lurie (Foreign Affairs)
  • 1986: Larry McMurtry (Lonesome Dove)
  • 1987: Peter Taylor (A Summons to Memphis)
  • 1988: Toni Morrison (Beloved)
  • 1989: Anne Tyler (Breathing Lessons)
  • 1990: Oscar Hijuelos (The Mambo Kings Play Songs of Love)
  • 1991: John Updike (Rabbit At Rest)
  • 1992: Jane Smiley (A Thousand Acres)
  • 1993: Robert Olen Butler (A Good Scent from a Strange Mountain)
  • 1994: Edna Annie Proulx (The Shipping News)
  • 1995: Carol Shields (The Stone Diaries)
  • 1996: Richard Ford (Independence Day)
  • 1997: Steven Millhauser (Martin Dressler: The Tale of an American Dreamer)
  • 1998: Philip Roth (Pastoral americana)[4]
  • 1999: Michael Cunningham (The Hours)
  • 2000: Jhumpa Lahiri (Interpreter of Maladies)
  • 2001: Michael Chabon (The Amazing Adventures of Kavalier & Clay)
  • 2002: Richard Russo (Empire Falls)
  • 2003: Jeffrey Eugenides (Middlesex)
  • 2004: Edward P. Jones (The Known World)
  • 2005: Marilynne Robinson (Gilead)
  • 2006: Geraldine Brooks (March)
  • 2007 Cormac McCarthy (A estrada)[5]
  • 2008 Junot Díaz (The Brief Wondrous Life of Oscar Wao)
  • 2009 Elizabeth Strout (Olive Kitteridge)
  • 2010 Paul Harding (Tinkers)
  • 2011 Jennifer Egan (A visit From the Goon Squad)
  • 2012 non concedido
  • 2013 Adam Johnson (The orphan master's son)
  • 2014 Donna Tartt (The Goldfinch)
  • 2015 Anthony Doerr (All the Light We Cannot See,)
  • 2016 Viet Thanh Nguyen (The Sympathizer)
  • 2017 Colson Whitehead (The Underground Railroad)
  • 2018 Andrew Sean Greer (Less)

Poesía[editar | editar a fonte]

  • 1918 Sara Teasdale (Love Songs)
  • 1919 Carl Sandburg (Corn Huskers)
  • 1919 Margaret Widdemer (Old Road to Paradise)
  • 1920 non concedido
  • 1921 non concedido
  • 1922 Edwin Arlington Robinson (Collected Poems)
  • 1923 Edna St. Vincent Millay (The Ballad of the Harp-Weaver...)
  • 1924 Robert Frost (New Hampshire: A poem With Notes...)
  • 1925 Edwin Arlington Robinson (The Man Who Died Twice)
  • 1926 Amy Lowell (What's O'Clock)
  • 1927 Leonora Speyer (Fiddler's Farewell)
  • 1928 Edwin Arlington Robinson (Tristram)
  • 1929 Stephen Vincent Benet (John Brown's Body)
  • 1930 Conrad Aiken (Selected Poems)
  • 1931 Robert Frost (Collected Poems)
  • 1932 George Dillon (The Flowering Stone)
  • 1933 Archibald MacLeish (Conquistador)
  • 1934 Robert Hillyer (Collected Verse)
  • 1935 Audrey Wurdemann (Bright Ambush)
  • 1936 Robert P. T. Coffin (Strange Holiness)
  • 1937 Robert Frost (A Further Range)
  • 1938 Marya Zaturenska (Cold Morning Sky)
  • 1939 John Gould Fletcher (Selected Poems)
  • 1940 Mark Van Doren (Collected Poems)
  • 1941 Leonard Bacon (Sunderland Capture)
  • 1942 William Rose Benet (The Dust Which Is God)
  • 1943 Robert Frost (A Witness Tree)
  • 1944 Stephen Vincent Benet (Western Star)
  • 1945 Karl Shapiro (V-Letter and Other Poems)
  • 1946 non concedido
  • 1947 Robert Lowell (Lord Weary's Castle)
  • 1948 Wystan Hugh Auden (The Age of Anxiety)
  • 1949 Peter Viereck (Terror and Decorum)
  • 1950 Gwendolyn Brooks (Annie Allen)
  • 1951 Carl Sandburg (Complete Poems)
  • 1952 Marianne Moore (Collected Poems)
  • 1953 Archibald MacLeish (Collected Poems, 1917-1952)
  • 1954 Theodore Roethke (The Waking)
  • 1955 Wallace Stevens (Collected Poems)
  • 1956 Elizabeth Bishop (Poems-North & South)
  • 1957 Richard Wilbur (Things of This World)
  • 1958 Robert Penn Warren (Promises: Poems, 1954-1956)
  • 1959 Stanley Kunitz (Selected Poems, 1928-1958)
  • 1960 William Snodgrass (Heart's Needle)
  • 1961 Phyllis McGinley (Times Three: Selected Verse From Three Decades)
  • 1962 Alan Dugan (Poems)
  • 1963 William Carlos Williams (Pictures From Breughel)
  • 1964 Louis Simpson (At the End of the Open Road)
  • 1965 John Berryman (77 Dream Songs)
  • 1966 Richard Eberhart (Selected Poems)
  • 1967 Anne Sexton (Live or Die)
  • 1968 Anthony Hecht (The Hard Hours)
  • 1969 George Oppen (Of Being Numerous)
  • 1970 Richard Howard (Untitled Subjects)
  • 1971 William S. Merwin (The Carrier of Ladders)
  • 1972 James Wright (Collected Poems)
  • 1973 Maxine Winokur Kumin (Up Country)
  • 1974 Robert Lowell (The Dolphin)
  • 1975 Gary Snyder (Turtle Island)
  • 1976 John Ashbery (Self-Portrait in a Convex Mirror)
  • 1977 James Merrill (Divine Comedies)
  • 1978 Howard Nemerov (Collected Poems)
  • 1979 Robert Penn Warren (Now and Then: Poems, 1976-1978)
  • 1980 Donald Rodney Justice (Selected Poems)
  • 1981 James Schuyler (The Morning of the Poem)
  • 1982 Sylvia Plath (The Collected Poems)
  • 1983 Galway Kinnell (Selected Poems)
  • 1984 Mary Oliver (American Primitive)
  • 1985 Carolyn Kizer (Yin)
  • 1986 Henry Taylor (The Flying Change)
  • 1987 Rita Dove (Thomas and Beulah)
  • 1988 William Meredith (Partial Accounts: New and Selected Poems)
  • 1989 Richard Wilbur (New and Collected Poems)
  • 1990 Charles Simic (The World Doesn't End)
  • 1991 Mona Van Duyn (Near Changes)
  • 1992 James Tate (Selected Poems)
  • 1993 Louise Gluck (The Wild Iris)
  • 1994 Yusef Komunyakaa (Neon Vernacular: New and Selected Poems)
  • 1995 Philip Levine (Simple Truth)
  • 1996 Jorie Graham (The Dream of the Unified Field)
  • 1997 Lisel Mueller (Alive Together: New and Selected Poems)
  • 1998 Charles Wright (Black Zodiac)
  • 1999 Mark Strand (Blizzard of One)
  • 2000 C. K. Williams (Repair)
  • 2001 Stephen Dunn (Different Hours)
  • 2002 Carl Dennis (Practical Gods)
  • 2003 Paul Muldoon (Moy Sand and Gravel)
  • 2004 Franz Wright (Walking to Martha's Vineyard)
  • 2005 Ted Kooser (Delights & Shadows)
  • 2006 Claudia Emerson (Late Wife)
  • 2007 Natasha Trethewey (Native Guard)
  • 2008 Philip Schultz (Failure)
  • 2008 Robert Hass (Time and Materials)
  • 2009 W.S. Merwin (The Shadow of Sirius)
  • 2010 Rae Armantrout (Versed)
  • 2011 Kay Ryan (The Best of It: New and Selected Poems)
  • 2012 Tracy K. Smith (Life on Mars)
  • 2013 Sharon Olds (Stag's Leap)
  • 2014 Vijay Seshadri (3 Sections)
  • 2015 Gregory Pardlo (Digest)
  • 2016 Peter Balakian (Ozone Journal)
  • 2017 Tyehimba Jess (Olio)
  • 2018 Frank Bidart (Half-light: Collected Poems 1965-2016)

Teatro[editar | editar a fonte]

  • 1918 Jesse Lynch Williams (Why Marry?)
  • 1919 non concedido
  • 1920 Eugene O'Neill ( Beyond the Horizon, Máis alá do horizonte)
  • 1921 Zona Gale (Miss Lulu Bett)
  • 1922 Eugene O'Neill (Anna Christie)
  • 1923 Owen Davis (Icebound)
  • 1924 Hatcher Hughes (Hell-Bent Fer Heaven)
  • 1925 Sidney Howard (They Knew What They Wanted)
  • 1926 George Kelly (Craig's Wife)
  • 1927 Paul Green (In Abraham's Bosom)
  • 1928 Eugene O'Neill (Strange Interlude)
  • 1929 Elmer L. Rice (Street Scene)
  • 1930 Marc Connelly (The Green Pastures)
  • 1931 Susan Glaspell (Alison's House)
  • 1932 George S. Kaufman, Morrie Ryskind e Ira Gershwin (Of Thee I Sing)
  • 1933 Maxwell Anderson (Both Your Houses)
  • 1934 Sidney Kingsley (Men in White)
  • 1935 Zцe Akins (The Old Maid)
  • 1936 Robert E. Sherwood (Idiot's Delight)
  • 1937 Moss Hart e George S. Kaufman (You Can't Take It With You)
  • 1938 Thornton Wilder (Our Town)
  • 1939 Robert E. Sherwood (Abe Lincoln in Illinois)
  • 1940 William Saroyan (The Time of Your Life)
  • 1941 Robert E. Sherwood (There Shall Be No Night)
  • 1942 non concedido
  • 1943 Thornton Wilder (The Skin of Our Teeth)
  • 1944 non concedido
  • 1945 Mary Chase (Harvey)
  • 1946 Russel Crouse e Howard Lindsay (State of the Union)
  • 1947 non concedido
  • 1948 Tennessee Williams ( A Streetcar Named Desire)
  • 1949 Arthur Miller (Morte dun viaxante)[6]
  • 1950 Richard Rodgers, Oscar Hammerstein II e Joshua Logan (South Pacific)
  • 1951 non concedido
  • 1952 Joseph Kramm (The Shrike)
  • 1953 William Inge (Picnic)
  • 1954 John Patrick (The Teahouse of the August Moon)
  • 1955 Tennessee Williams ( Cat on A Hot Tin Roof )
  • 1956 Frances Goodrich e Albert Hackett (The Diary of Anne Frank)
  • 1957 Eugene O'Neill (Long Day's Journey Into Night, Longa viaxe dun día cara aa noite)
  • 1958 Ketti Frings (Look Homeward, Angel)
  • 1959 Archibald MacLeish (J.B.)
  • 1960 George Abbott, Jerome Weidman, Jerry Bock e Sheldon Harnick (Fiorello!)
  • 1961 Tad Mosel (All the Way Home)
  • 1962 Frank Loesser e Abe Burrows (How to Succeed in Business Without ReallyTrying...)
  • 1963 non concedido
  • 1964 non concedido
  • 1965 Frank D. Gilroy (The Subject Was Roses)
  • 1966 non concedido
  • 1967 Edward Albee ( A Delicate Balance, Un equilibrio delicado)
  • 1968 non concedido
  • 1969 Howard Sackler (The Great White Hope)
  • 1970 Charles Gordone (No Place to Be Somebody)
  • 1971 Paul Zindel ( The Effect of Gamma Rays on Man-In-The-Moon Marigolds, Os efectos dos raios gamma sobre as margaridas)
  • 1972 non concedido
  • 1973 Jason Miller (That Championship Season)
  • 1974 non concedido
  • 1975 Edward Albee (Seascape)
  • 1976 Michael Bennett (A Chorus Line)
  • 1977 Michael Cristofer (The Shadow Box)
  • 1978 Donald L. Coburn (The Gin Game)
  • 1979 Sam Shepard (Buried Child)
  • 1980 Lanford Wilson (Talley's Folly)
  • 1981 Beth Henley (Crimes of the Heart)
  • 1982 Charles Fuller (A Soldier's Play)
  • 1983 Marsha Norman (Night, Mother)
  • 1984 David Mamet (Glengarry Glen Ross)
  • 1985 George Sondheim, Stephen Sondheim e James Lapine (Sunday in the Park)
  • 1986 non concedido
  • 1987 August Wilson (Fences)
  • 1988 Alfred Uhry (Driving Miss Daisy)
  • 1989 Wendy Wasserstein (The Heidi Chronicles)
  • 1990 August Wilson (The Piano Lesson)
  • 1991 Neil Simon (Lost in Yonkers)
  • 1992 Robert Schenkkan (The Kentucky Cycle)
  • 1993 Tony Kushner (Angels in America: Millennium Approaches)
  • 1994 Edward Albee (Three Tall Women Tres mulleres altas)
  • 1995 Horton Foote (The Young Man from Atlanta)
  • 1996 Jonathan Larson (Rent)
  • 1997 non concedido
  • 1998 Paula Vogel (How I Learned to Drive)
  • 1999 Margaret Edson (Wit)
  • 2000 Donald Margulies (Dinner with Friends)
  • 2001 David Auburn (Proof)
  • 2002 Suzan-Lori Parks (Topdog/Underdog)
  • 2003 Nilo Cruz (Anna in the Tropics)
  • 2004 Doug Wright (I Am My Own Wife)
  • 2005 John Patrick Shanley (Doubt, a parable)
  • 2006 non concedido
  • 2007 David Lindsay-Abaire (Rabbit Hole)
  • 2008 Tracy Letts (August: Osage County)
  • 2009 Lynn Nottage (Ruined)
  • 2010 Brian Yorkey e Tom Kitt (Next to Normal)
  • 2011 Bruce Norris (Clybourne Park)
  • 2012 Quiara Alegría Hudes (Water By the Spoonful)
  • 2013 Ayad Akhtar (Disgraced)
  • 2014 Annie Baker (The Flick)
  • 2015 Stephen Adly Guirgis (Between Riverside and Crazy)
  • 2016 Lin-Manuel Miranda (Hamilton)
  • 2017 Lynn Nottage (Sweat)
  • 2018 Martyna Majok (Cost of Living)

Música[editar | editar a fonte]

  • 1943 William Schuman (Secular Cantata No. 2)
  • 1944 Howard Hanson (Symphony no. 4, op. 34)
  • 1945 Aaron Copland (Appalachian Spring)
  • 1946 Leo Sowerby (The Canticle of the Sun)
  • 1947 Charles Ives (Sinfonía nº 3)
  • 1948 Walter Piston (Symphony no. 3)
  • 1949 Virgil Thomson (Louisiana Story)
  • 1950 Gian-Carlo Menotti (The Consul. Opera)
  • 1951 Douglas Moore (Giants in the Earth. Opera)
  • 1952 Gail Kubik (Symphony Concertante)
  • 1953 non concedido
  • 1954 Quincy Porter (Concerto Concertante for Two Pianos and Orchestra)
  • 1955 Gian-Carlo Menotti (The Saint of Bleecker Street. Opera)
  • 1956 Ernst Toch (Symphony no. 3)
  • 1957 Norman Dello Joio (Meditations on Ecclesiastes)
  • 1958 Samuel Barber (Vanessa)
  • 1959 John La Montaine (Concerto for Piano and Orchestra, op. 9)
  • 1960 Elliott Carter (Second String Quartet)
  • 1961 Walter Piston (Symphony no. 7)
  • 1962 Robert Ward (The Crucible. Opera)
  • 1963 Samuel Barber (Concierto para piano, op. 38)
  • 1964 non concedido
  • 1965 non concedido
  • 1966 Leslie Bassett (Variations for Orchestra)
  • 1967 Leon Kirchner (Quartet no. 3 for strings and electronic tape)
  • 1968 George Crumb (Echoes of Time and the River)
  • 1969 Karel Husa (String Quartet no. 3)
  • 1970 Charles Wuorinen (Time's Encomium)
  • 1971 Mario Davidovsky (Synchronisms no. 6)
  • 1972 Jacob Druckman (Windows)
  • 1973 Elliott Carter (String quartet no. 3)
  • 1974 Donald Martino (Notturno)
  • 1975 Dominick Argento (From the Diary of Virginia Woolf)
  • 1976 Ned Rorem (Air Music)
  • 1977 Richard Wernick (Visions of Terror and Wonder)
  • 1978 Michael Colgrass (Deja Vu for Percussion and Orchestra)
  • 1979 Joseph Schwantner (Aftertones of Infinity)
  • 1980 David Del Tredici (In Memory of a Summer Day)
  • 1981 non concedido
  • 1982 Roger Sessions (Concerto for Orchestra)
  • 1983 Ellen Zwilich (Symphony no. 1)
  • 1984 Bernard Rands (Canti del Sole)
  • 1985 Stephen Albert (Symphony RiverRun)
  • 1986 George Perle (Wind Quintet no. 4, for flute, oboe, clarinet, horn, and bassoon)
  • 1987 John Harbison (The Flight into Egypt)
  • 1988 William Bolcom (12 New Etudes for Piano)
  • 1989 Roger Reynolds (Whispers Out of Time)
  • 1990 Mel D. Powell (Duplicates: A Concerto)
  • 1991 Shulamit Ran (Symphony)
  • 1992 Wayne Peterson (The Face of the Night)
  • 1993 Christopher Rouse (Trombone Concerto)
  • 1994 Gunther Schuller (Of Reminiscences and Reflections)
  • 1995 Morton Gould (Stringmusic)
  • 1996 George Walker (Lilacs for soprano and orchestra)
  • 1997 Wynton Marsalis (Blood on the Fields. Oratorio)
  • 1998 Aaron Jay Kernis (String Quartet No. 2, Musica Instrumentalis)
  • 1999 Melinda Wagner (Concerto for Flute, Strings, and Percussion)
  • 2000 Lewis Spratlan (Life is a Dream, Opera in three acts: ACT II, Concert Version)
  • 2001 John Corigliano (Symphony No. 2 for String Orchestra)
  • 2002 Henry Brant (Ice Field)
  • 2003 John Adams (On the Transmigrations of Soul)
  • 2004 Paul Moravec (Tempest Fantasy)
  • 2005 Steven Stucky (Second Concerto for Orchestra)
  • 2006 Yehudi Wyner (Piano Concerto: 'Chiavi in Mano')
  • 2007 Ornette Coleman (Sound Grammar)
  • 2008 David Lang (The Little Match Girl Passion).
  • 2009 Steve Reich (Double Sextet)
  • 2010 Jennifer Higdon (Violin Concerto)
  • 2011 Zhou Long (Madame White Snake)
  • 2012 Kevin Puts (Silent Night: Opera in Two Acts)
  • 2013 Caroline Shaw (Partita for 8 Voices)
  • 2014 John Luther Adams (Become Ocean)
  • 2018 Kendrick Lamar (DAMN)

Premios especiais e homenaxes[editar | editar a fonte]

[7]

O Pulitzer e a cultura popular[editar | editar a fonte]

  • Á aventura gráfica por ordenador Zak McKracken and the Alien Mindbenders da compañía LucasArts, do ano 1988, un xornalista chamado Zack McCracken trata de gañar o premio.
  • Homer Simpson gañou o Pulitzer por colgar unha plana sobre cotilleos na internet no episodio The Computer Wore Menace Shoes de The Simpsons.
  • No cómic, Clark Kent, Lois Lane, e Perry White foron descritos como vencedores do Premio Pulitzer.
  • Na serie de TV The West wing, o reporteiro Danny Concannon é vencedor do Premio Pulitzer.
  • Na película "Finding Forrester" Sean Connery é William Forrester, un escritor que gañou o Premio Pulitzer.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Wharton, Edith (2009). A Idade da inocencia. Santiago de Compostela: Sotelo Blanco. ISBN 9788478245864. 
  2. Ernest, Hemingway (1998). O vello e o mar. [Vigo]: Galaxia. ISBN 848288235X. 
  3. Toole, John Kennedy (2008). A conxura dos necios (1ª. ed.). Vigo: Faktoría K de Libros. ISBN 9788496957503. 
  4. Roth, Philip (2013). Pastoral americana. Fernando Moreiras Corral, tr. (1ª. ed.). Faktoría K. ISBN 978-84-15250-39-5. 
  5. McCarthy, Cormac (2010). A estrada (1ª. ed.). Pontevedra: Faktoría K. ISBN 9788496957800. 
  6. Miller, Arthur (2002). Morte dun viaxante. Vigo: Xerais. ISBN 8483027402. 
  7. "Special Awards". www.pulitzer.org (en inglés). Consultado o 2018-04-10. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Premio_Pulitzer&oldid=4781715"