Provincia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Países do mundo que teñen provincias como subdivisións territoriais.     Primeiro nivel administrativo     Segundo nivel administrativo

Unha provincia é un tipo de división administrativa, que confire certas funcións, a nivel administrativo, ó territorio que representa. Tamén se chama provincia ao territorio limitado pola división administrativa antedita.

Este termo utilizase con características diferentes seguindo os países e as épocas históricas. Polo tanto unha provincia abarca realidades de organización territorial diversas.

Historia[editar | editar a fonte]

A verba foi introducida polos romanos, quen dividiron o Imperio romano en provincias, e foi designada ós territorios conquistados fóra da península itálica. En latín, o termo provincia fórmase a partir das voces pro («por») e vincia («vitoria»).

Nos países de lingua romance, como España, Italia e Francia, o termo provincia aplicouse a unidades administrativas importantes só inferiores ós reinos. No Imperio español, correspondía a divisións territoriais, que tameén adoitaban chamarse correxementos, por ser xurisdicións dun correxedor. Logo das reformas borbónicas, a provincia correspondía a divisións territoriais controladas por un gobernador-intendente. Tamén se adoitaban chamar intendencias por ser xurisdición dun gobernador-intendente no caso do Virreinado do Río da Prata.

Trala Revolución Francesa, o termo provincia caeu en desuso dentro de Francia. A mediados do século XIX, nalgunhas nacións iberoamericanas como México, o Brasil, Colombia e Venezuela chamouse provincia ás unidades administrativas constituíntes e por influxo dos Estados Unidos, devanditas nacións con reformas da súa constitución pasaron a ser chamadas estados por estar dentro dun réxime federal. Por exemplo, o termo provincia, como o é no emprego da frase «provincia mexicana» inclúe como significado ó dun territorio dentro do país agás a súa capital pero o termo quedou desfavorecido.

Nos Países Baixos e Bélxica mantense a denominación provincia para as unidades administrativas principais de ámbolos dous estados. En Bulgaria, a palabra óblast adoita ser sinónimo de provincia.

Na Arxentina mantense a denominación provincia para significar a todo estado federado constituínte da república. No Canadá, un dos estados máis descentralizados do mundo, séguese empregando a denominación provincia tanto en inglés como en francés. No caso de Chile, chamouse provincia a unha unidade administrativa que era subordinada polo estado central e na década de 1970, dadas as súas pequenas dimensións territoriais, foron reunidas en rexións como división de segunda orde e as provincias como división de terceira orde.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre política é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Provincia&oldid=5005479"