Prudencio Rovira

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
(Redirixido desde "Prudencio Rovira Pita")
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Prudencio Rovira Pita, coñecido como Rovirita, nado en Pontevedra o 21 de setembro de 1870 e finado en Madrid o 29 de febreiro de 1960, foi un avogado, político e xornalista galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Estudou no Colexio dos agostiños do Escorial e na Universidade de Madrid. Especializouse por libre en Historia, Literatura e Arte. Funcionario do Ministerio de Gobernación, dedicouse integramente ao xornalismo, traballando como redactor en El Correo, La Correspondencia de España e El Español de Madrid. Foi secretario particular de Antonio Maura durante a maior parte da súa vida pública (1902-1925). Foi elixido deputado a Cortes polo distrito de Ribadeo nas eleccións de 1907 e polo distrito da Pobra de Trives nas eleccións de 1919, 1920 e 1923. Continuou colaborando en periódicos, como Diario de Barcelona e El Diario Español de Buenos Aires. En galego publicou Hirmandade!, un libro de poemas de contido agrarista. Recibiu a Cruz de Carlos III e a Cruz do Mérito Naval.

Obras[editar | editar a fonte]

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Prudencio_Rovira&oldid=4429193"