Puscifer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Puscifer
Maynard of Puscifer - Coachella 2013.jpg
Maynard James Keenan con Puscifer en Coachella
OrixeCalifornia, Flag of the United States.svg
Período1995 - presente
Xénero(s)ambient, comedia, experimental, post-industrial, trip hop
Selo(s) discográfico(s)Puscifer Entertainment
MembrosMaynard James Keenan
Páxina webhttps://store.puscifer.com/

Puscifer é un proxecto paralelo de Maynard James Keenan, membro das bandas Tool e A Perfect Circle. Como Keenan é o único membro permanente e el considera ao proxecto o seu "subconsciente creativo", Puscifer podería considerarse un seudónimo para o seu traballo en solitario.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

O nome orixinal do proxecto foi Umlaut, e o nome de "Puscifer" apareceu por primeira vez como unha banda ficticia no primeiro episodio da serie Mr. Show, na que estaban Keenan e Adam Jones como membros. Jones non está asociado de ningún xeito con Puscifer, aínda que algunhas das súas ilustracións apareceron na roupa do proxecto (a camiseta "Your Mom's a Bitch").

Puscifer é "tanto unha tenda de roupa como unha banda", coas pezas de roupa producidas en cantidades limitadas. Keenan colaborou nunha chaqueta de coiro con deseñador Paul Frank. O 16 de setembro do 2008, Keenan actualizou o blog de puscifer.com, revelando que a primeira tenda Puscifer abriría o 1 de outubro en Jerome, Arizona. Finalmente abríu o día 3 de outubro, ocupando un pequeno espazo enriba dun salón de tatuaxes. Ademais, a mercadoría está dispoñible na tenda online da banda.

"V" Is for Vagina[editar | editar a fonte]

O 10 de abril do 2007, Keenan posteou na páxina oficial que lanzaría un disco a mediados de outubro. Unha nova actualización o 25 de xuño dicía que Joe Barresi mesturara a primeira canción, que tería un video musical, ademais dunha versión alternativa de "Cuntry Boner", e que podería ser editada como sinxelo en CD con cancións extra. Keenan e Alan Moulder realizarían unha nova mestura en agosto.

Keenan anunciou cara finail de xullo que o álbum recibiría o título de "V" Is for Vagina e, poucos días despois, anunciou que o primeiro sinxelo sería "Queen B." que tería un video lanzado a finais de setembro. O 1 de outubro "Queen B." apareceu como podcast en puscifer.com. A isto seguíulle o podcast de "Trekka" o día 7. O álbum fo publicado o 30 do mesmo mes e estreouse no número 25 da lista Billboard 200, ademais de acadar o primeiro posto da Billboard Indie.

O 17 de outubro do 2008 apareceu un video musical oficial para a canción "Momma Sed" na canle de YouTube da banda. Un novo álbum de remesturas feito completamente por Lustmord apareceu na tenda oficial en liña, o seu título é "D" is for Dubby - The Lustmord Dub Mixes.

"V" is for Vagina vendeu ao redor das 112.000 copias.

"V" Is for Viagra. The Remixes[editar | editar a fonte]

Un álbum de remesturas titulado "V" Is for Viagra foi lanzado o 29 de abril do 2008. Contén 10 remesturas de temas do disco "V" Is for Vagina, ademais de dúas remesturas de cancións do sinxelo "Cuntry Boner", que non aparecen no álbum. No álbum hai remesturas de Dave "Rave" Ogilvie (Skinny Puppy), Lustmord, Renholder, Paul Barker (Ministry) e Telefon Tel Aviv entre outros.

Dous dos temas do álbum, "Indigo Children (JLE Dub Mix)" e "Momma Sed (Tandimonium Mix)", aparecen na banda sonora oficial do videoxogo Need for Speed: Undercover. "V" Is for Viagra vendeu unhas 23.000 copias.

"C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE)[editar | editar a fonte]

"C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE) foi anunciado a través da páxina de Puscifer e de toolarmy.com o 17 de outubro do 2009 e foi editado o 10 de novembro dese ano. O EP contén seis temas; catro deles inéditos ata ese momento, e dous gravacións ao vivo de cancións de "V" is For Vagina, gravadas na xira do 2009 no Club Nokia.

"C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE) vendeu 10.000 copias.

Conditions of My Parole[editar | editar a fonte]

"Man Overboard", o primeiro sinxelo do novo álbum de Puscifer, estivo dispoñible a través de iTunes e outros servizos en liña o día 19 de xullo do 2011.

Conditions of My Parole, como foi titulado o traballo, foi gravado na primavera do 2011 baixo a produción de Maynard James Keenan, Mitchell e Josh Eustis. No disco contribuíron ademais dos tres produtores Carina Round, Juliette Commagere, Matt McJunkins, Jeff Freidl, Gil Sharone e Rani Sharone, Jonny Polonsky, Tim Alexander, Devo Keenan, Alessandro Cortini, Sarah Jones e Jon Theodore. O disco lanzouse o 18 de outubro de 2011. O álbum estrenouse no número 27 das listas da Billboard tras vender 12.111 copias na súa primeira semana.

Discografía[editar | editar a fonte]

Álbums de estudio[editar | editar a fonte]

Álbums de remesturas[editar | editar a fonte]

  • "V" Is for Viagra. The Remixes - 2008
  • "D" Is for Dubby – The Lustmord Dub Mixes - 2008
  • Sound into Blood into Wine - 2010

EPs[editar | editar a fonte]

  • Don't Shoot the Messenger - 2007
  • "C" Is for (Please Insert Sophomoric Genitalia Reference HERE) - 2009
  • Donkey Punch The Night - 2013

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Puscifer&oldid=4869010"