Química

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Lavoisier, fundador da química moderna.

A química é a ciencia que estuda a constitución, a estrutura e as propiedades da materia,[1] así como as transformacións desta mediante reaccións químicas e os cambios enerxéticos implicados nestes procesos. En contraposición á física, ciencia que estuda as propiedades xerais da materia e establece as leis que explican os fenómenos materiais,[2] o estudo fundamental desta son as transformacións que sofre a materia.

Os científicos dedicados ao seu estudo son os químicos e as químicas.[3]

Definición de Pauling[editar | editar a fonte]

En palabras de Linus Pauling, Premio Nobel de Química en 1954:[4]

A química é a ciencia que estuda as substancias, a súa estrutura (tipos e formas de colocación dos átomos), as súas propiedades e as reaccións que as transforman noutras susbtancias,

Etimoloxía[editar | editar a fonte]

A orixe da palabra provén do termo do latín medieval chimia, a partir do árabe al-kimia 'pedra filosofal'[5] , mais este é un tema controvertido dada a multiplicidade de palabras atopadas en diversas linguas antigas con significados moi diversos pero dalgún modo relacionados coa alquimia.

Historia[editar | editar a fonte]

A historia da química é a historia, desde a antigüidade até os nosos días, da ciencia química e do seus precedentes filosóficos e pseudo e protocientíficos, en particular da alquimia. Está intrinsecamente ligada ao desenvolvemento da humanidade, xa que abarca todas as transformacións da materia e as teorías correspondentes.[6][7]

A maioría dos historiadores da ciencia aceptan que foron os antigos exipcios os primeiros "químicos".[8]

Historicamente, o estudo da materia fíxose desde dúas perspectivas diferentes: a tecnolóxica ou factual e a filosófica ou teórica:

A ciencia química xorde antes do século XVII a partir da alquimia, protociencia (ou pseudociencia) moi popular entre moitos dos científicos da época.[11][12]

Considérase que os principios básicos da química estableceunos por primeira vez Robert Boyle na súa obra The Sceptical Chymist (1661).[13]

A química como tal comeza a desenvolverse un século máis tarde cos traballos de Antoine Lavoisier que, xunto con Carl Wilhelm Scheele descobren o oxíxeno. Lavoisier, pola súa parte, propuxo a lei da conservación da masa e refutou a teoría do floxisto coa teoría da combustión.[14]

As distintas ramas da química foron establecidas en función do tipo de compostos ou do tipo de estudo levado a cabo. Entre estas atópanse: a química inorgánica, encargada do estudo da materia inorgánica; a química orgánica, encargada do estudo da materia orgánica; a química física, encargada do estudo enerxético e estrutural de sistemas químicos dende escala macroscópica até a atómica; e a química analítica, baseada no estudo da materia mediante análises químicos.[15]

A química, unha das "ciencias básicas"[editar | editar a fonte]

A ubicuidade da química nas ciencias naturais fai desta que sexa considerada dentro das ciencias básicas. A química é de gran importancia en moitos campos do saber, como na ciencia de materiais, na bioloxía, na farmacoloxía, na medicina e na enxeñería, entre outros.

Os procesos naturais estudados pola química concernen a partículas fundamentais (electrónsprotóns e neutróns), partículas compostas (núcleos atómicos, átomos e moléculas) ou estruturas microscópicas como cristais.

Dende un punto de vista microscópico das partículas involucradas nas reaccións, pódese considerar un sistema pechado o cal intercambia enerxía co medio. No caso de reaccións exotérmicas, liberarán enerxía cedéndolla ó medio en forma de calor; mentres tanto, nun proceso endotérmico, ocorre o inverso, o medio de reacción (o sistema pechado) capta enerxía do medio para poder reaccionar. Entón, pódese estender o concepto de reacción química, engadindo deste xeito o concepto de enerxía (calor) como produto ou reactivo.

Divisións da química[editar | editar a fonte]

Aínda que a división da química está comprendida en múltiples ramas, pódese facer a seguinte división segundo a IUPAC[16]:

Máis tradicionalmente pódese facer unha división máis simple:

A importancia dos sistemas biolóxicos, fai que actualmente todas as ramas teñan unha gran presenza en estudos de natureza bioquímica.

Química inorgánica:
Dicromato de amonio, (NH4)2Cr2O7

Áreas de estudo relacionadas coa química e algunhas das súas subdivisións[editar | editar a fonte]

Un dos procedementos frecuentes na electroquímica é a electrólise.
  • Química inorgánica: estuda as substancias inorgánicas.
  • Química orgánica: estuda as substancia orgánicas.
  • Bioquímica: trata dos procesos químicos relativos aos seres vivos.
  • Cálculo de reactores: rama da Enxeñaría Química que estuda o proxecto de conxunto de reactores industriais.
  • Carboquímica: trata de procesos que inclúen o carbón mineral.
  • Catálise química: trata de procedementos que alteran a cinética das reaccións.
  • Ciencias dos materiais: trata da composición, resistencia e durabilidade de materiais.
  • Cinética química: trata da velocidade das reaccións químicas.
  • Combustión: trata das substancias usadas na produción de enerxía.
  • Electroquímica: trata de reaccións químicas que inclúen enerxía eléctrica.
  • Enxeñaría química: rama da enxeñaría dedicada ao proxecto e estudo de industrias de procesos químicos.
  • Mineraloxía
  • Química ambiental
  • Química industrial: estudo de reaccións con interese en procesos industriais (ver Enxeñaría química e Cálculo de reactores)
  • Química cuántica
  • Operacións unitarias: rama da Enxeñaría química que estuda o proxecto de equipamentos industriais de transformacións físicas (por exemplo, filtración, destilación, decantación, quecemento) en oposición ás Conversións químicas (Cálculo de reactores).
  • Petroquímica: trata da obtención e refinación do petróleo
  • Termoquímica: trata de reaccións químicas que inclúen enerxía térmica.

Literatura química[editar | editar a fonte]

Alén dos libros didácticos ou específicos sobre temas de Química no mundo, publícanse diariamente moreas de artigos técnicos e científicos. Hai millares de xornais e revistas científicas de química. A principal fonte de referencia para unha investigación bibliográfica sobre os asuntos tratados na área química é o Chemical Abstracts, publicado pola American Chemical Society, o cal contén resumos dos principais artigos publicados mundialmente.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. química 3ª acep. no Dicionario da RAG.
  2. física, 4ª acep. no Dicionario da RAG.
  3. químico, química 2ª acep., no Dicionario da RAG.
  4. "Boletín CIENTEC, novembro de 2014". CIENTEC. Consultado o 21/11/2017. .
  5. Portal das Palabras. "Química". Consultado o 19/9/2015. 
  6. Taton, René (dir.) (1959): "Histoire générale des Sciences (t. 1: La Science antique et médiévale; t. II: La Science moderne)". Revue d'histoire des sciences, tome 12, n°1, páxs. 71-74.
  7. Serge Hutin (2005): L'alchimie, Paris: PUF, col. "Que sais-je?", páx. 110.
  8. Fourcroy, A. (1782): Lecons elementaires d’history naturaelle et de chemie. Paris.
  9. Science and Engineering Indicators 2006, National Science Board, National Science Foundation. Belief in Pseudoscience (en inglés).
  10. André Pichot (1991): La Naissance de la science. Tome 1: Mésopotamie, Égypte. París: Gallimard.
  11. Francis Bacon réformateur de l'alchimie: tradition alchimique et invention scientifique au début du XVIIe siècle en CAT.INIST. (en francés).
  12. Para máis datos sobre os autores de descubrimentos nos primeiros tempos da alquimia, pódese consultar a obra de Bernard Vidal (1985): Histoire de la chimie Paris: PUF, col. "Que sais-je?", e o sitio La Ligne du Temps de la Chimie (en francés).
  13. Robert Boyle, Father of Modern Chemistry (en inglés).
  14. Bensaude-Vincent, B. (1993): Lavoisier, mémoires d'une révolution. Paris: Flammarion. ISBN 978-2-0821-1208-6.
  15. "Departamentos". Facultade de Química USC. Consultado o 21/11/2017. .
  16. "Divisions". IUPAC. International Union of Pure and Applied Chemistry. Consultado o 21/11/2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Química&oldid=4733197"