Que verde era o meu val

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura

Que verde era o meu val
How Green Was My Valley 4.jpg
Ficha técnica
Título orixinalHow Green Was My Valley
DirectorJohn Ford
ProdutorDarryl F. Zanuck
GuiónPhilip Dunne
Baseado enHow Green Was My Valley de Richard Llewellyn
IntérpretesWalter Pidgeon
Maureen O'Hara
Anna Lee
Donald Crisp
Roddy McDowall
Sara Allgood
MúsicaAlfred Newman
FotografíaArthur Miller
MontaxeJames B. Clark
Distribuidora20th Century Fox
EstreaFlag of the United States.svg 28 de outubro de 1941
Galicia 11 de marzo de 2000 (TVG)
Duración118 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroDrama
Orzamento$800 000[1]
Recadación$2 800 000 (USA)[2]

Que verde era o meu val (en inglés: How Green Was My Valley) é un filme estadounidense dirixido por John Ford que foi estreado en 1941. Está baseado na novela homónima de Richard Llewellyn, foi producido por Darryl F. Zanuck e guionizado por Philip Dunne. Está protagonizado por Walter Pidgeon, Maureen O'Hara, Anna Lee, Donald Crisp e Roddy McDowall. Foi nomeado a dez Premios Oscar,[3] gañando a Cidadán Kane no premio ó mellor filme, ademais de gañar o mellor director, mellor fotografía e mellor actor secundario.

O filme conta a historia dos Morgan, unha familia de mineiros galeses que viven no corazón dos vales do sur de Gales no século XIX. O argumento conta a perda do seu xeito de vida e os efectos na familia. A vila ficticia do filme está baseada en Gilfach Goch;[4] Llewellyn estivo varios veráns visitando o seu avó e empregou esas experiencias como inspiración na novela.[4] En 1990, o filme foi escollido para a súa preservación no National Film Registry da Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos de América por ser "cultural, histórica ou estéticamente significativo".

Estreouse en galego o 11 de marzo de 2000 a través da TVG.[5]

Personaxes[editar | editar a fonte]

  • Walter Pidgeon como Mr. Gruffydd
  • Maureen O'Hara como Angharad Morgan
  • Donald Crisp como Gwilym Morgan
  • Roddy McDowall como Huw Morgan
  • Sara Allgood como Mrs. Beth Morgan
  • Anna Lee como Bronwyn
  • Patric Knowles como Ivor Morgan
  • John Loder como Ianto Morgan
  • Barry Fitzgerald como Cyfartha
  • Rhys Williams como Dai Bando
  • Morton Lowry como Mr. Jonas
  • Arthur Shields como Mr. Parry
  • Frederick Worlock como Dr. Richards
  • Richard Fraser como Davy Morgan
  • Evan S. Evans como Gwilym Morgan Jr.
  • James Monks como Owen Morgan
  • Ethel Griffies como Mrs. Nicholas
  • Lionel Pape como Mr. Evans senior
  • Marten Lamont como Iestyn Evans
  • Ann E. Todd como Ceinwen
  • Clifford Severn como Mervyn Phillips
  • Irving Pichel como Huw Morgan adulto
  • Minta Durfee (sen acreditar)

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Solomon, Aubrey (1989). Twentieth Century Fox: A Corporate and Financial History. Lanham, Maryland: Scarecrow Press, p. 241, ISBN 978-0-8108-4244-1.
  2. "101 Pix Gross in Millions" Variety 6 Jan 1943 p 58
  3. NY Times (ed.). "NY Times: How Green Was My Valley". Consultado o 13 de decembro de 2008. 
  4. 4,04,1 "How Green Was My Valley" - BBC Radio Wales, www.bbc.co.uk, published February 07, 2009. Consultado o 6 de febreiro de 2015.
  5. "Programación da TVG". ABC. 4 de marzo de 2000. Consultado o 28 de outubro de 2017. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Que_verde_era_o_meu_val&oldid=5243631"