Quembre, Carral

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
Quembre
Igrexa de Quembre.jpg
Igrexa de San Pedro de Quembre.
Concello de carral.png
Concello Carral
Poboación 335 hab. (2016)
Entidades de poboación 16

San Pedro de Quembre é unha parroquia que se localiza no centro do concello de Carral. Segundo o IGE en 2016 tiña 335 habitantes (173 mulleres e 162 homes), distribuídos en 16 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 381 habitantes.

Patrimonio[editar | editar a fonte]

  • Igrexa de San Pedro de Quembre, construída no século XIX no lugar onde se encontraba unha capela románica. Ten planta de cruz latina con dúas capelas lateráis.
  • Pazo da Ribeira, situado no lugar da Ribeira, á beira do río Barcia e preto de Ponte Lago. É unha casa de planta rectangular realizada en cachotería con cantería en xambas, linteis e esquinas. Máis adiante engadíuselle unha galería de madeira pintada en branco. Ten un escudo coas armas dos Salazar e dos Alvarado. A capela esta adicada a San Xoán Bautista.
  • Pazo de Esperante, no lugar de Esperante, separado de Cerceda polo monte Xalo. Ten dous edificios anexos con funcións de hórreo-cocheira e almacén.

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares de Quembre[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia de Quembre no concello de Carral (A Coruña)

As Cavancas | O Cepedo | Cimadevila | A Eirexa | Esperante | A Horta do Conde | Meán | Montecelo | O Outeiro | A Paioca | Paiolante | Paradela | A Ponte Lago | A Poza | A Ribeira | Salgueiros

Parroquias de Carral[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Carral

Beira (Santa Mariña) | Cañás (Santa Baia) | Paleo (Santo Estevo) | Quembre (San Pedro) | Sergude (San Xián) | Sumio (Santiago) | Tabeaio (San Martiño) | Vigo (San Vicente)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Quembre,_Carral&oldid=4576114"