Quino

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Quino
Quino (cartoonist) autographs a book in Paris, 2004.jpg
Nome completoJoaquín Salvador Lavado Tejón
AlcumeQuino
Nacemento17 de xullo de 1932
 Mendoza
NacionalidadeMéxico
Relixiónateísmo
Ocupaciónartista de banda desenhada, debuxante de banda deseñada e debuxante
PremiosPremio Príncipe de Asturias de Comunicación e Humanidades, Prince Claus Award, Oficial da Lexión de Honra e Gat Perich
FirmaQuino.png
editar datos en Wikidata ]

Joaquín Salvador Lavado, máis coñecido como Quino, nado en Guaymallén (provincia de Mendoza), o 17 de xullo de 1932, é un humorista gráfico arxentino. A súa obra máis famosa é a tira cómica de Mafalda, publicada entre 1964 e 1973.

Biografía[editar | editar a fonte]

Era fillo de emigrantes andaluces. Chamáronlle Quino desde pequeno para distinguilo do seu tío, o ilustrador Joaquín Tejón, que foi o que espertou nel a vocación de debuxante xa de novo. En 1945, trala morte da súa nai, empezou a estudar na Escola de Belas Artes de Mendoza. O seu pai morreu pouco despois, polo que abandonou a escola coa intención de converterse en autor de historietas cómicas. Intentou encontrar traballo nas editoriais porteñas, pero fracasou. Tras verse obrigado a facer o servizo militar, en 1954 estableceuse en Bos Aires en condicións paupérrimas.

Por fin logrou publicar a súa primeira páxina de humor no semanario Esto es. A partir de entón comezou a publicar noutros medios, como "Leoplán", TV guía, Vea y lea, Damas y damitas, Usted, Panorama, Adán, Atlántida, Che ou Democracia.

En 1954 comezou a publicar regularmente en Rico Tipo, seguindo en Tía Vicenta e Dr. Merengue. Ó pouco tempo comezou a facer debuxos publicitarios. Publicou o seu primeiro libro recompilatorio, Mundo Quino, en 1963. Logo diso encargáronlle unhas páxinas para unha campaña de publicidade, para as que creou a Mafalda. A campaña non se chegou a facer, pero gardou o personaxe. A primeira historia de Mafalda publicouse en Leoplán, e posteriormente apareceu regularmente no semanario Primera Plana. Entre 1965 e 1967 publicouse no xornal El Mundo, e axiña publicou o primeiro libro recompilatorio. Comezou a editarse en Italia, España (onde a censura obrigou a etiquetalo como "para adultos"), Portugal e outros países.

Tras abandonar a tira de Mafalda o 25 de xuño de 1973 ó ter as ideas esgotadas, transladouse a Milán, onde continuou traballando.

Temas[editar | editar a fonte]

Os protagonistas adoitan ser xente normal facendo a súa vida, aínda que Quino non renuncia a escenas surrealistas ou alegóricas (como policías botando valium nas bocas abertas de manifestantes) e ás reaccións caricaturescas.

Así, aínda que Mafalda aparenta ser unha tira máis con protagonista infantil, os seus contenidos adoitan ser máis próximos e á vez adultos que outras tiras similares. Destaca, por exemplo, a preocupación de Mafalda pola política mundial, ou a obsesión de Manolito cos cartos. Malia todo, estes personaxes aínda poden ser vistos polos lectores como nenos reais con pais reais, e non como "adultos en corpos de neno".

O humor de Quino é tipicamente ácido e mesmo cínico, afondando con frecuencia na miseria e o absurdo da condición humana, sen límites de clase. Así, fau ó lector enfrontarse á burocracia, os erros da autoridade, as institucións inútiles, e a estreitura de miras. Acostuma usar as viñetas para enviar mensaxes de contido social ós lectores. Con frecuencia, os chistes buscan o sorriso como medio de enfrontarse á crúa realidade.

Este enfoque pesimista da realidade non impide que as historias estean cheas de tenrura e amosen unha fonda simpatía polas inocentes víctimas da vida (empregados, nenos, amas de casa, pensionistas, escuros artistas...), sen ocultar os seus fallos e limitacións. Pero incluso nas súas caricaturas de xefes opresivos e burócratas sen sentimentos atísbase certa simpatía, por ser á súa vez víctimas da súa propia estupidez.

A óptica de Quino é probablemente produto das vicisitudes da Arxentina nos últimos cuarenta anos. A súa mestura de pesimismo e humanismo é posiblemente unha das principais razóns do seu gran éxito en toda Latinoamérica.

Obras publicadas orixinalmente na Arxentina[editar | editar a fonte]

Mafalda[editar | editar a fonte]

  • Mafalda 1-10
  • Mafalda inédita
  • 10 años con Mafalda
  • Toda Mafalda
  • Mafaldita

Humor[editar | editar a fonte]

  • Mundo Quino (1963)
  • A mi no me grite (1972)
  • Yo que usted... (1973)
  • Bien, gracias, ¿y usted? (1976)
  • Hombres de bolsillo (1977)
  • A la buena mesa (1980)
  • Ni arte ni parte (19
  • Déjenme inventar (1983)
  • Quinoterapia (1985)
  • Gente en su sitio (1986)
  • Sí, cariño (1987)
  • Potentes, prepotentes e impotentes (1989)
  • Humano se nace (1991)
  • Yo no fui (1994)
  • Cuentecillos y otras alteraciones (1995, con textos de Jorge Timossi)
  • ¡Que mala es la gente! (1996)
  • ¡Cuánta bondad! (1999)
  • Esto no es todo (2002, recompilación)
  • ¡Qué presente impresentable! (2005)
  • La Aventura de Comer (2007)

Series de animación[editar | editar a fonte]

  • Quinoscopios (1985), baseada nas súas ideas e debuxos.
  • Mafalda (1993), serie de 104 capítulos dun minuto de duración.

Premios[editar | editar a fonte]

  • Palma de Oiro no Salón Internacional do Humorismo de Bordighera (1978);
  • Debuxante do Ano (1982), concedido polos seus colegas;
  • Konex de Platino das artes visuais - humor gráfico (1982 e 1992);
  • Cidadán Ilustre e chave da cidade de Mendoza (1988);
  • Gran premio internacional Max und Moritz do 3º Salón Internacional do Cómic de Erlangen (Alemaña, 1988);
  • Placa de Prata da Asociación Madrileña de Empresarios de Restaurantes e Cafeterías (1997);
  • Mestre de Arte pola Secretaría de Cultura do Goberno da Cidade de Bos Aires (1998);
  • B'nai B'rith Dereitos Humanos (1998);
  • Catedrático Honorífico do Humor pola Universidade de Alcalá de Henares (2000);
  • Quevedos de Humor Gráfico (2000);
  • Ciudadán Ilustre de Bos Aires (2004);

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazons externas[editar | editar a fonte]

Entrevistas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Quino&oldid=4971316"