Quintela de Leirado
Coordenadas: 42°8′18″N 8°6′8″O / 42.13833, -8.10222
Quintela de Leirado | |
---|---|
![]() | |
Casa do Concello de Quintela de Leirado. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | quintelán |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca da Terra de Celanova |
Poboación | 611 hab. (2018) |
Área | 31,3 km² |
Densidade | 19,52 hab./km² |
Entidades de poboación | 5 parroquias |
Capital do concello | Leirado |
Política (2015) | |
Alcalde | José Antonio Pérez Cortés (PPdeG) |
Concelleiros | PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Quintela de Leirado | |
Uso do galego[2] (2011) | |
Galegofalantes | 66,67% |
Na rede | |
http://www.quinteladeleirado.es/ | |
Quintela de Leirado é un concello da provincia de Ourense, pertencente á comarca da Terra de Celanova. Segundo o Padrón Municipal, no ano 2014 tiña 651 habitantes. O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é quintelán.
Índice
Poboación[editar | editar a fonte]
Censo total | 651 (2014) |
Menores de 15 anos | 31 (4.76%) |
Entre 15 e 64 anos | 303 (46.54%) |
Maiores de 65 anos | 317 (48.69%) |

Evolución da poboación de Quintela de Leirado Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 |
2.351 | 2.242 | 1.987 | 1.463 | 831 | 751 | {{{13}}} | ||||||
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Conta con cinco parroquias e 30 entidades de poboación. Atópase a 50 km da capital provincial.
Xeografía[editar | editar a fonte]
Atópase no val do río Deva. Ten unha orografía accidentada, cunha elevada altitude media. Ó sur ten alturas superiores ós 1.000 metros nas estribacións da serra de Leboreiro en cumios coma o Penagache (1.213 metros), os Aguillóns, ou Castelo, de aspecto agreste e fortes pendentes. Ó noroeste localízanse cotos e cerros de cumios e chás de entre 700 e 900 metros de altitude, como o coto de Silva Escura ou o coto da Moura.
O río Deva, afluente do Miño, nace ó pé da serra de Penagache, en Arrotea, a 1.000 metros de altura. Posúe un trazo sinuoso con fortes pendentes, regando toda a zona.
Historia[editar | editar a fonte]
Os primeiros poboadores foron os Coelernos, supostos habitantes do castro de Redemuíños, castro que foi romanizado.
Na idade Media a parroquia de Leirado estivo supeditada á xurisdición eclesiástica do mosteiro de Ramirás, mentres que as de Santa María de Leirado e Redemuíños pertencían ó señorío do marqués de Malpica.
A configuración parroquial modificouse en 1836 ó crearse a parroquia de Quintela de Leirado, completándose en 1893 coa de Xacebáns.
Quintela na literatura popular[editar | editar a fonte]
- Os probes non o ten/ i os ricos non o dan;/ quen queira sentar plaza/ saia ao Cruceiro de Erbán [3].
Galería de imaxes[editar | editar a fonte]
- Artigo principal: Galería de imaxes de Quintela de Leirado.
Parroquias[editar | editar a fonte]
Galicia | Provincia de Ourense | Parroquias de Quintela de Leirado | |
---|---|
Leirado (San Pedro) | Mociños (Santa María) | Quintela de Leirado (San Paulo) | Redemuíños (San Salvador) | Xacebáns (Santiago) |
Lugares de Quintela de Leirado[editar | editar a fonte]
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Quintela de Leirado vexa lugares de Quintela de Leirado.
Notas[editar | editar a fonte]
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Consultado o 14 de outubro de 2014.
- ↑ Xaquín Lorenzo Fernández: Cantigueiro popular da Limia Baixa 1973, 126. Xaquín Lorenzo di que se trata dun cruceiro preto de Quintela de Leirado, sen dar máis datos. No Nomenclátor non se recolle ningún Erbán (nin Herbán) en toda Galicia.
Véxase tamén[editar | editar a fonte]
![]() |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Quintela de Leirado ![]() |
|