Ría do Barqueiro

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa

Coordenadas: 43°44′41″N 7°40′50″O / 43.74472, -7.68056

Vista da ría.
Localización da ría do Barqueiro.

A ría do Barqueiro é unha ría galega, formada na desembocadura do río Sor no mar Cantábrico. Forma parte das rías Altas.

Localización[editar | editar a fonte]

Sitúase entre os concellos do Vicedo (na provincia de Lugo, da Mariña Luguesa) e Mañón (na provincia da Coruña, da comarca do Ortegal). Limita ao oeste coa península de Bares, e ao leste co concello do Vicedo e a illa Coelleira.

Dálle nome á localidade do Barqueiro, porto pesqueiro do concello de Mañón.

Imaxes[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Ría_do_Barqueiro&oldid=4323178"