Río Anllóns

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á busca
Río Anllóns
Ponte sobre o río Anllóns.jpg
O río Anllóns o seu paso baixo a ponte de Ponteceso.
País España España
Comunidade Autónoma Galicia Galicia
Nacemento Pedra de Santa Marta nos montes do Xalo, entre Mantiñán (A Laracha) e a Ermida (Culleredo) [1], ou segundo outros autores na
fonte de Miguel Belido en Soandres (A Laracha)
Altitude 385 m [1]
Lonxitude 54,4 km [2]
Conca 516,3 km² [2]
Caudal medio 11,4 m³/s [2]
Caudal relativo 22,1 L/s/km² [2]
Desembocadura Ría de Corme e Laxe
Altitude desembocadura 0 m
Hidrogalicia ria de corme e laxe.svg
Cuncas dos ríos que desembocan na ría de Corme e Laxe, en azul

O Anllóns, anteriormente chamado río Ber[Cómpre referencia], é un río galego da vertente atlántica que nace no monte do Xalo entre Mantiñán, A Laracha, e a Ermida, Culleredo.[1][3], a uns 400 metros de altitude. Outros autores indican que nace na fonte de Miguel Belido na parroquia de Soandres (A Laracha)[4], e desemboca na ría de Corme e Laxe.

O topónimo Anllóns, que lle dá nome ao río, podería provir de angulones, do latín angulus, que faría alusión aos meandros da súa desembocadura.[5]

O tramo de río e as súas ribeiras que van desde Carballo e Coristanto ata case a ría de Corme e Laxe foi declarado lugar de importancia comunitaria e zona de especial conservación en 2004.[6][7]

Descrición[editar | editar a fonte]

Percorrido

Percorre 54,4 km polos concellos de A Laracha, Carballo, Coristanco, Cabana de Bergantiños e Ponteceso.[1][8]

Afluentes

Recibe as augas dun bo número de regatos como o Rosende, Graña, o Quenxe, o Acheiro, o Abaixo, o Queo ou o Bertón, durante o curso alto. Tras pasar o monte Neme recibe as augas do Gándara, o Bandeira, o Vao, o Calvar, o Portecelo ou o Batán. No curso baixo, tras pasar Verdes, os rápidos fan que acelere a súa velocidade. Nesta zona recibe as augas do Lourido, o Ponteceso, o Prados ou o Bouzas. Xa na desembocadura recibe a auga do rego dos Muíños, chamado así debido aos numerosos muíños de auga que hai nel.

Réxime hídrico

O seu caudal medio é de 9.931 m³/s.

Intervención humana[editar | editar a fonte]

Construcións

No Anllóns atópanse os coñecidos muíños da Saimia. Hoxe en día xa non traballan, aínda que as súas instalacións están en pé.

Aproveitamento

No concello de Ponteceso atópase o encoro de Anllóns, da empresa Hisdrospania, e no de Cabana de Bergantiños o de Corcoesto, de Gas Natural Fenosa.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Vexa o artigo principal na Galería de imaxes do río Anllóns

Notas[editar | editar a fonte]

  1. 1,01,11,21,3 Instituto Geográfico Nacional de España. "GoolZoom - Cartografía Raster" (Mapa). Mapa Topográfico Nacional (WMTS de cartografía raster do IGN ed.). 1:25.000. MTN25. Consultado o 12/10/2016. 
  2. 2,02,12,22,3 Núñez Pérez, Manuel; Lois Lois, Adela; Daporta Padín, Mon (2007). Os ríos de Galiza. A Nosa Terra. Promocións Culturais Galegas, S.A. pp. 107–108. ISBN 978-84-8341-136-0. 
  3. Anexo 7: Geomorfología - Augas de Galicia Arquivado 27 de xuño de 2012 en Wayback Machine. (en castelán)
  4. "Ruta A Laracha - Soandres". Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2016. Consultado o 12 de outubro de 2016. 
  5. Martínez Lema, Paulo (2010). A toponimia das comarcas de Bergantiños, Fisterra, Soneira e Xallas na documentación do tombo de Toxos Outos (séculos XII-XIV) (PDF). Universidade de Santiago de Compostela. Consultado o 24-6-2017. 
  6. ". Rede galega de espazos protexidos. Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia.". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  7. "LIC de Galicia, Rede Natura 2000, Ministerio de Agricultura e Pesca, Alimentación e Medio Ambiente". Consultado o 5 de xullo de 2017. 
  8. Río Anllons :: El río de la comarca de Bergantiños Arquivado 12 de outubro de 2016 en Wayback Machine. (en castelán)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Anllóns&oldid=4908623"