Río Barcés

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Barcés
Hidrogalicia rio mero.svg Conca mero barces.svg
Conca fluvial do Barcés e o Mero en Galiza (en azul escuro)
País Galiza
Nacemento Cerceda e Monte do Xalo
Desembocadura Ría do Burgo

O río Barcés é un curso fluvial da provincia da Coruña que nace nos concellos de Cerceda e Carral e traza un percorrido en dirección nordés. Conflúe co río Mero en Orto, Abegondo, a unha elevación de 80 metros sobre do nivel do mar, onde ambos chegan ao encoro de Cecebre[1]. Alí dan lugar ao Lugar de importancia comunitaria do encoro de Abegondo - Cecebre

O Barcés é o principal dos colectores secundarios da conca do río Mero, e a cal recolle as augas da aba meridional dos montes do Xalo e das terras de Cerceda[2].

Flora[editar | editar a fonte]

O comezo do río Barcés atópase bosque ripiano de salgueiros e ameneiros. Cara ao fondo do río apréciase un aumento da vexetación, formando "unha galería", medrando nun espazo estreito e longo estendéndose en paralelo ao curso da auga. Nese último treito destaca a presenza do chopo negro[3].

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Encoro de Cecebre: Ríos Mera e Barcés. A CORUÑA
  2. [2] Aqua Plann. Estudo de planificación.
  3. Orde do 14 de setembro de 2012 de aprobación definitiva do Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Abegondo

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Barcés&oldid=4323938"