Río Barragán

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar para a navegação Saltar para a pesquisa
O río Barragán, ao seu paso por Oitavén, Fornelos de Montes.

O río Barragán ou río Freaza[1] é un río afluente do Oitavén que forma o límite entre os concellos de Fornelos de Montes e Pazos de Borbén.

O río Barragán e a súa fraga acollen un itinerario para senderismo pendente de homologación pola Federación Galega de Montañismo co número PR-G 164 Senda da Fraga do Barragán. Á parte dos atractivos que ofrece a fraga a as marxes do río Barragán, que ten, no treito final, antes do encoro de Eirás, un estreito val cun bosque de ribeira ben conservado, nesta senda cómpre salientar elementos etnográficos e culturais como as levadas, os muíños, os pasos ou pasales, as pontes e pontellas, muros de todo tipo, camiños enlousados e, especialmente, os restos do castro da Cidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Río Freaza en Ana M. Campos Gómez e Francisco Novoa Doce (2006): Los Carabidae (orden Coleoptera) de Galicia (N.O. de España): catálogo, distribución y ecología. Santiago de Compostela: Universidad de Santiago de Compostela. ISBN 978-84-9750-629-8.

Referencia[editar | editar a fonte]


Este artigo tan só é un bosquexo
 Este artigo sobre ríos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Barragán&oldid=4323776"