Río Bosna

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Bosna
Vue de ZENICA depuis la rivière BOSNA.jpg
PaísBosnia e Herzegovina
NacementoManancial de Vrelo Bosne, ao pé do Monte Igman,
Lonxitude271 km
DesembocaduraRío Sava
Río Bosna.

O Río Bosna é o terceiro río máis longo de Bosnia e Herzegovina, e é considerado un dos tres principais ríos internos, xunto co Neretva e o Vrbas. Os outros tres grandes ríos de Bosnia e Herzegovina son o Una, ao noroeste, o Sava, ao norte, e o Drina, ao leste. O río Bosna percorre 271 km, e seu nome non ten ningunha variación en lingua estranxeira. Durante o Imperio romano ás veces foi chamado Bosona, e crese que este é probablemente a orixe ilírica do nome Bosna.

Curso e afluentes[editar | editar a fonte]

O río Bosna tamén constitúe o val do Bosna, o principal centro industrial do país e onde viven cerca dun millón de persoas, así como a situación de varias das principais cidades. Os seus principais afluentes son o Željeznica, o Miljacka, o Fojnica, o Lašva, o Gostović, o Krivaja, o Usora, e o Spreča.

A súa orixe atópase no manancial de Vrelo Bosne, ao pé do Monte Igman, nas aforas de Saraxevo. Esta fonte constitúe un dos principais monumentos históricos e naturais de Bosnia e Herzegovina. A partir de aí, o Bosna flúe cara ao norte, a través do corazón de Bosnia, para se converter en afluente pola dereita do Sava, en Bosanski Samac.

A pesar de non atravesar ningún outro país, o Bosna flúe a través dunha serie de cantóns e rexións de Bosnia. Desde o seu punto de partida no cantón de Saraxevo, tamén flúe a través do cantón de Zenica-Doboj, a rexión de Doboj, e o cantón de Posavina, nesa orde. No seu camiño ao norte o río Bosna tamén pasa polas cidades de Visoko, Zenica, Doboj, Modrica e Bosanski Samac.

Aproveitamento[editar | editar a fonte]

Nas proximidades de Zenica é aproveitado por varias centrais hidroeléctricas. Así mesmo durante 2006, nun programa conxunto con institucións españolas, levouse a cabo o proxecto Apoio á recuperación do ecosistema do río Bosna e os seus afluentes, coa construción de dúas centrais de control de calidade e cantidade de augas, en Doboj e Saraxevo, así como a ampliación de sistemas de rego en Turkovici e Orasje. Tamén dentro deste programa desenvolveuse un importante proxecto de regadío no Val do Popovo.[1]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ministerio de Asuntos Exteriores y de Cooperación (2006). La cooperación española en medio amabiente y en la lucha contra la desertificación (2002-2005) (Informe) (en castelán). pp. 56 e 73. 
Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Bosna&oldid=4907527"