Río Burbia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Burbia
Río burbia.JPG
Conca522
Desembocadurarío Sil

O Burbia é un río da provincia de león, na comarca do Bierzo, que é tributario do río Sil, á súa vez afluente do Miño.

Percorrido[editar | editar a fonte]

O Burbia nace nos Ancares leoneses a 1.540 m de altura, nun circo glaciar, localizado entre os picos de Corno Maldito (1.830 m) e O Mustallar (1.935), este xa nas lindes entre León e Galiza. É un río de montaña con curso encaixado ata Vilafranca do Bierzo, onde se lle xunta o Valcarce. Desde aí corre xa polo Bierzo Baixo, atravesa Corullón, e, entre veigas e viñedos, vaise achegando até Toural dos Vaos, confluíndo co Sil en Paradela del Río.

A súa conca abranxe unha superficie de 522 km².

Afluentes[editar | editar a fonte]

A súa conca é disimétrica, polo que os seus principaís tributarios recíbeos pola beira dereita, dos que cómpre destacar:

  • Teixeira,
  • Porcarizas,
  • Pradela,
  • O río Valcarce, o máis importante dos seus afluentes.

Réxime hídrico[editar | editar a fonte]

O Burbia é un río de réxime pluvio-nival.

Explotación[editar | editar a fonte]

A conca do Burbia sufriu a explotación aurífera dos romanos, con sistemas semellantes ao das Médulas, é dicir de ruina montium.

Foi en tempos modernos usado hidraulicamente para ferrarías, das que fica en funcionamento, con fins didácticos, o mazo de Corullón.

Na actualidade está prevista a construción dunha presa no seu curso: o encoro de Paradiña.

Datos históricos[editar | editar a fonte]

En 791, nun lugar indeterminado, o califa Hixam II, as tropas cristiás do rei Bermudo I de Asturias, sufriron unha forte derrota, na denominada batalla do Burbia.

En antigos mapas, as lindes entre o reino de Galiza e o de León, sinalábanse polo curso do Burbia.

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Burbia&oldid=5047975"