Río Furelos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Río Furelos
Furelos rio dsc23456786543.jpg
PaísGalicia Galicia
NacementoToques
Lonxitude26,2 km
Conca151,6 km²
Caudal medio6,63 m³/s
DesembocaduraRío Ulla
Encoro no río Furelos

O Furelos é un pequeno río galego da provincia coruñesa, que baña a Terra de Melide, afluente do Ulla, pola súa marxe dereita.

Características[editar | editar a fonte]

O Furelos nace da confluencia de varios cursos de auga que baixan dos montes da serra do Careón, no concello de Toques, servindo as súas augas de linde entre ese concello e o de Melide, no que termina por entrar. Atravesa a freguesía e lugar de Furelos, por onde pasa o Camiño de Santiago. Logo fai linde entre Melide e o concello de Santiso.

O Furelos é un río de réxime pluvial. Discorre por terreo máis ou menos chairo ao longo de 26,2 km até unirse ao Ulla, contribuíndo con un caudal de 6,63 m3/s. A súa conca abrangue unha área de 151,6 km². O seu principal afluente (pola dereita) é o rego de Catasol.

Hai dous pequenos encoros que aproveitan o seu curso para produción eléctrica, que son os de Portochao e Portodiz.

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Traído desde "https://gl.wikipedia.org/w/index.php?title=Río_Furelos&oldid=4834754"